Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lembranzas Novenarias (3)

viernes, 10 de septiembre de 2021
A feira de fóra

Uns días antes da celebración das novenas, a correspondente deste xornal na comarca Allariz-Maceda, titulaba unha das súas crónicas da seguinte maneira: "Os Milagres recupera a feira xunto ó santuario", en clara alusión ás chamadas novenas. Non sei, pero ó mellor ó mundo eclesiástico igual lle pareceu algo mal o de comparar as novenas cunha feira. A ver, a correspondente algo de razón ten, xa que as novenas Lembranzas Novenarias (3)sempre tiveron algo de feira e, eu, particularmente, creo que cada ano que pasa teñen máis de feira que de evento relixioso.
Se collemos a palabra feira como diversión, como ocio, como intercambio de produtos si hai moito diso fóra do recinto do santuario, ou sexa, da explanada do mesmo. Cando eu era rapaz os postos ambulantes xa imperaban por todos os arredores e, principalmente, por toda a estrada que vai de Maceda a Vilar de Barrio. Durante os domingos e os dous días máis transcendentais do evento relixioso (días 7 e 8) as ringleiras de postos case alcanzaban ata o cruce de Baños de Molgas. Aquilo si que era unha auténtica feira de ver, tocar e, moitas veces, mercar. Intercambio de produtos: a min dáme esa gaita galega para cravar as agullas de coser e eu douche estas pesetas (agora, euros) por ela.
Pegados á explanada estaban os típicos postos dos churros e, faltaría máis, dos xeados, que nesa época do ano, ben que se botaba man deles. Os que podían, claro; que, para un servidor, pasaba o mesmo que lle acontecía cos churros e que puidestes ler onte. Despois deses postos estaban os das rosquiñas, pan, froitas e demais garapiñadas. A continuación, e xa postos incluso polo chan, os típicos postos dos xoguetes para os nenos. Estes sempre polas beiras da estrada para que os nenos chocasen con eles. E ante a insistencia dos nenos, xa se sabe... Os toldos baixo os que se comía seguían a continuación. É nestes onde se vía máis movemento, principalmente o día 7 pola noite, xa que a xente intentaba ir á última novena, a das 20:30, para quedar alí á celebración do rosario das Antorchas, que era e é ás 23:00 horas. Nese intervalo era onde había que alixeirar, apurar para atopar un oco e poder cear. E xa, para rematar, e baixando por toda a estrada, estaban os demais postos: calzado, roupa, cacharros, etc. Agora, todos estes trasladáronos á Glorieta, onde penso que saíron perdendo. Á xente quedáballe máis a man a propia estrada, pois segundo ía ou viña, botaba unha ollada. Á Glorieta xa hai que ir ex profeso.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES