Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo pode escurecer

miércoles, 08 de septiembre de 2021
Vendo estes días todo o que pasa en Afganistán, un colle medo pero non polo terrorismo nin pola posible guerra senón por empatía a todas as que ficaron baixo a pouta dunha das ditaduras máis insoportables xa que invade a propia intimidade prohibindo incluso mirar pola fiestra ou voar unha cometa. Paréceme terrible e paréceme que a comunidade internacional ten moito lixo que barrer, moitos erros que remendar e moitos papeis que cubrir cun propósito da emenda que é o único que a pode salvar da sensación de inutilidade coa que se percibe a súa presenza. O mesmo podemos dicir daquela coalición que vinte anos despois sabemos rotundamente fracasada. De nada serviu unha xeración criada en liberdade para agora volver ao medievo.

Despois de expresar o meu profundo pesar polo pobo afgano, quixera facer unha reflexión e é que "todo pode escurecer". Danos a sensación dunha democracia consolidada e firme entendendo este concepto como o acceso pleno a todos os dereitos que marca a Declaración Universal dos Dereitos Humanos sen ningún tipo de distinción. Unha democracia consolidada nunca se consegue, sempre hai que estala loitando e para mostra os cambios de goberno no noso país e a utilización da austeridade non como un valor (que existe na xente humilde) senón como unha ferramenta plutocrática para liquidar o estado de benestar. Neste sentido, temos que valorar o que conseguimos como pobo, sen atribuílo a ningún político nin ningún goberno senón ao noso propio avance colectivo para que ninguén nos faga retroceder no tempo.

Afganistan déixanos unha ferida moi fonda no corazón. Non pode nin imaxinar por todo o que estará pasando e lamento todos os erros que se cometeron en parte por corruptelas que quedaron ao descuberto. Máis alá de todo este horror, hai unha ensinanza fonda: "todo pode escurecer" e nada está consolidado. A democracia gáñase xeración tras xeración. Cada persoa ten que loitar por vivir a súa propia liberdade e renunciar a calquera cousa que lla esixa como prezo. Recordemos sempre que "todo pode escurecer".
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES