Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os lumes do verán

lunes, 21 de julio de 2008
Como case non temos verán, tampouco temos lumes forestais. Vaia unha cousa pola outra.

O retraso nas calores estiváis trae consigo un retraso na posta en marcha dos operativos da Xunta de Galicia, e cabe supor que polo tanto consegue un aforro importante nos investimentos que cada ano hai que facer neste país para evitar, se é posible prever, que o lume se leve por diante esa riqueza forestal que segue a ser importantísima a pesar das agresións destes últimos anos.

Tómanse todas as precaucións debidas, restrínxense as queimas, prohíbense os quads no tempo de verán polas nosas aldeas, pero todo segue a depender da climatoloxía, ata agora adversa para uns e beneficiosa para os que teñen intereses nos montes e para os que teñen a misión de protexelos.

Este ano, este verán, os lumes son outros... Ardeu Fadesa-Martinsa, e os rescoldos aínda seguen a laparear entre os empregados galegos da empresa e nos lugares onde a empresa ten promocións sen rematar.

E agora Fenosa, empresa que algún tempo foi galega, e que ó seu promotor lle proporcionou o Condado de las Fuerzas Eléctricas del Noroeste, e que na actualidade ten accións que andan de man en man na percura lóxica do mellor postor, pero sen a menor querencia polo lugar onde se asenta a súa base física, os seus embalses, a súa riqueza. Fenosa sobe na bolsa porque hai garantía de éxito económico, e porque os novos propietarios farán agora e sempre un bo negocio.

E agora, o lume de Eta, que volveu aparecer no verán norteño.

Estes lumes son máis difíciles de atallar, e non se dan apagado nunca porque sempre quedará brasa baixo da cinza. Os dos montes son máis espectaculares, pero os seus efectos non son irreversibles.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania