Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Felices e agradecidos

jueves, 02 de septiembre de 2021
A felicidade e mailo agradecemento deberían ir collidos da man.
Pero sentirse felices non sempre é doado.
A vida sempre presenta algún contratempo.
Con todo, hai multitude de situacións nas que podemos palpar a felicidade:

-O FEITO DE ESTAR VIVOS xa é todo un regalo que debemos disfrutar como o regalo máis valioso da nosa vida.

-O FEITO DE PODER DISFRUTAR DUNS DÍAS DE DESCANSO senta moi ben e sempre é moi ben recibido.

-O FEITO DE DISFRUTAR DOS SERES QUERIDOS E COS SERES QUERIDOS xa produce un gozo inmenso.

-O FEITO DAS VACACIÓNS ESCOLARES
É para os estudiantes é un relax sen medida. E tamén unha necesidade porque o traballo intelectual agota moito

-O FEITO DE REENCONTRARNOS COS SERES QUE MÁIS AMAMOS, "fai medrar os nosos corazonciños"

-Os feitos...
Cada persoa ten as súas experiencias persoais únicas que lle fan vivir MOMENTOS DIGNOS DE RECORDAR, GOZAR E AGRADECER.
O tempo de vacacións estivais está REMATAN; pero volver a vida de cada día tamén tén o seu encanto.
VOLVER CON BEN É O QUE TODOS DESEXAMOS.
Volver con ben cheos de felicidade e agradecemento para compartir.
Comparir felicidade a gradecemento coas perosas de cada día é unha tarefa necesaria.
PRECISAMOS VIVIR E DAR VIDA ÓS QUE NOS RODEAN.
TAN IMPORTANTE É VIVIR COMO DEIXAR VIVIR OU AXUDAR A VIVIR.
Porque ó noso carón tamén pode haber persoas que o estean pasando mal.
Unhas precisarán unha palabra de alento para que non tiren a toalla.
Outras necesitarán que lles dediquemos algún tempo.
Outras estarán desexando que nos interesemos por elas.
Outras que lles botemos unha man.
Outras…
Sempre teremos motivos para facer cousas boas e todas nos producirán felicidade e agracecemento.
En ocasións serán motivos pracenteiros.
Noutras teremos que sacrificarnos; pero sempre que sexa para ben merece a pena.
Merece a pena e non se perde nada.
Hai ALGUÉN que leva conta de todo.
Hai ALGUÉN que é moi agradecido.
Hai ALGUÉN que quere vernos sempre felices, incluso no momentos duros da vida.
Porque, aínda que a primeira vista pareza mentira, OS MOMENTOS DUROS DA VIDA TAMÉN NOS ENSINAN A ESTAR Á ALTURA DAS CIRCUNSTANCIAS e máis tarde ou máis cedo teñen a súa recompensa.

A verdade é que ninguén desexa pasar voluntariamente por momentos duros; pero cando a vida os presenta é por algún motivo.
Quizais o entendemento humano non estea o suficientemente desenrolado como para entender e asumir certos momentos da vida.
Incluso hai persoas que caen no abatimento de por vida; pero ese non é o camiño acertado.

Despois da noite, vén o día; despois da choiva, sae o sol; despois do esforzó, aparece o froito; despois do sacrificio, aparece o pracer.

A VIDA É UN COMPENDIO DE TODO.
Raras son as persoas ás que todo lles sae mal e menos raras son as que todo lles sae ben.

Os pobres teñen problemas derivados da pobreza, os ricos os derivados da riqueza; pero tanto os pobres como os ricos temos dereito a ser felices e o deber de ser agradecidos.
O agradecemento crea en nós enerxía positiva e fainos sentir mellor e tamén mellores persoas.
Debemos moito agradecemento a todo canto a vida nos ofrece. Todo nos pasa por algún motivo e de todo podemos sacar conclusións, porque a fin de contas estamos aprendendo sempre.

APRENDEMOS TÓDOLOS DÍAS E SEMPRE NOS QUEDA MOITO POR APRENDER:
Aprender a gañar, aprender a perder, aprendr a sufrir, aprender a gozar, aprender a compracer, aprender a convivir, aprender a vivir…

"APRENDER, APRENDENDO"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola felicidade que irradia ó seu carón e moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES