Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Carece a ONU da necesaria forza social?

viernes, 27 de agosto de 2021
Antes de responder a esta pregunta, é indispensable saber qué se entende, polo menos aquí, por "forza social", que é algo moito máis complexo do que seguramente se imaxina algún lector. Non pensemos que, aínda que se trata dun organismo internacional, a súa forza social é só a unión da que posúen as nacións integrantes. Pois non, posto que non ven a ser idéntica á suma das mesmas. Pero, para determinar o alcance da "carencia", convén adiantar que presentamos aquí a suposta conveniencia de que a ONU actuase como o xerme dun aparato de dominación mundial, capaz de regular eficazmente as incipientes funcións dunha globalización. E talvez esteamos agora nun ambiente da política universal propicio para aplicar unha mínima atención o contido desta colaboración, con Afganistán subministrándonos suficiente xerga para isto.

Dende unha perspectiva estrutural, podemos considerar a ONU como un sistema de subsistemas, cuxos elementos integrantes, tamén sistemas, están NELA, pero non son DELA, e, por conseguinte, non son, propiamente, ELEMENTOS CONSTITUTIVOS da mesma, senón máis ben integrantes dunha convencional e ocasional estrutura politico–normativa, non estritamente dotada da necesaria coherencia e estabilidade ontolóxica . Así, pois, a súa sistemática ven a ser de carácter funcional, e por isto devén NON MÁIS -como ocorre nas verdadeiras estruturas substantivas sistemáticas- que a suma dos elementos, senón MENOS. E xustamente por isto ten menos "forza social", incluso, que a suma dos integrantes, que, frecuentemente en discordancia, determinan os seus obxectivos a realizar. É dicir, a ONU ven a ser un conglomerado de Estados que a afastan de toda posibilidade de ser cualificada como o ORTO dun Estado Global, Mundial.

Por outra parte, e en consecuencia, a ONU carece do necesario PODER POLÍTICO, como a forma concreta e determinada desa "forza social". Esta carencia comporta unha independencia dos Estados, mal chamados MEMBROS, para levar a cabo, autonomamente, funcións de alcance global de matiz soberano, o que se pode traducir como unha falta da indispensable maquinaria de poder para establecer un dereito internacional, eu diría mundial, que regule as relacións necesarias neste nivel, non só dunha especial administración institucional, senón tamén as individuais, para ir creando un marco de "coaccións externas" como catalizadoras das esixibles modalidades de actitudes e comportamentos, encamiñadas a enraizar os novos estilos dunha vida con dereitos e obrigas que fagan explícita a auto–coacción e o autocontrol automáticos dos cidadáns, en respostas cara a tendencia global.

Consideramos aquí, pois, a FORZA SOCIAL como o aval indiscutible das unidades e institucións, coa maioría do apoio da poboación (debidamente concienciada e sensibilizada desde o fondo histórico dunha tendencia; neste caso, a crear unha política global) e a dotación dos medios físicos necesarios. E digo o “aval”, porque o éxito nesta importante obriga queda garantido pola impulsión intrínseca da mesma sociedade, evitando o retorno á situacións anteriores, xa descontextualizadas nun ambiente de obxectivos globais.

Por conseguinte, non convén esquecer que as grandes transformacións sociais que adquiren unha relevante estabilidade son as que responden a esixencias intrínsecas das propias sociedades, e prodúcense desde abaixo. Pois a mesma historia ofrécenos non poucos casos de transformacións incoadas en decisións dimanantes desde arriba que, antes ou despois, terminan nun verdadeiro fracaso. (Ollo…, Sr. Sánchez!). Talvez a razón fundamental estea en que a intencionalidade pode actuarse, máis ou menos eficazmente, como COADXUVANTE nas dinámicas procesuais sociais; pero endexamais resulta consistente realmente no seu papel de CAUSANTE das mesmas.

Velaquí porque os avezados políticos que acertan como coadxuvantes soen figurar, na mesma historia, como verdadeiros artífices. Non os que soñan con ser orixinais. Por suposto, non nego que sexa difícil, ás veces, establecer unha nítida diferenciación entre o mero COADXUVANTE e o verdadeiro CAUSANTE.

Precisamente neste proceder encontramos a xustificación da boa cualificación daqueles políticos dotados de suficiente intuición para detectar na historia as tendencias sociais e o talento para subirse o carro delas.

E tamén aquí está a razón pola que teimo resaltar a importancia que pode ter o feito de que, historicamente, as relacións entre os señores feudais sexan precedentes semellantes das dos Estados na actualidade, pensando en que, se para aqueles o potencial bélico, a cantidade de seguidores e a mesma extensión das terras das que dispoñían eran indispensables para aumentar a súa “soberanía”, talvez unha intelixente extrapolación podería ilustrar a orientación dun organismo central como xerme do Estado Mundial, na súa embarazosa e, sen dúbida, difícil xestación.

E o caso da ONU, por moito que se presente como realizadora de indubidables funcións mundiais, se non pode obxectivar unha tendencia histórica acredora a ser seriamente investigada, queda todo reducido ao feito comprobado de que (N.Elías) nesta sociedade ningún xuramento de fidelidade, ningún contrato pode resistir fronte as modificacións da forza social; "ALGO SIMILAR AO QUE SUCEDE HOXE NAS RELACIÓNS ENTRE OS ESTADOS". (Maiúsculas e tradución miñas). É dicir, as actuais relacións entre os Estados necesariamente teñen que sufrir profundas transformacións, para superar, como ocorreu cos señores feudais, as etapas de liortas, trocando a competición pola exclusividade en competición pola cooperación. E estamos moi afastados deste propósito, porque descoidamos a perspectiva da adecuada formación individual, considerándoa irrelevante. Os cidadáns tamén contan!.

Ademais, os consensos, nesta materia, para acadar estabilidade mundial, mediante unha causalidade intencional, non poden ser estimados incipientes dun Goberno Mundial, fronte a un proceso incardinado nunha tendencia histórica: OMITIR A FORTALEZA DOS AUTOMATISMOS SOCIAIS PERSISTENTES Á TRAVÉS DA HISTORIA, QUE IMPULSAN TENDENCIAS IDENTIFICADAS CON MODULACIÓNS CONTEXTUAIAS, CONDUCE AOS GOBERNANTES A CONCEDER UNHA PRIMACÍA EXCESIVA AO OCASIONAL.

Pero, en todo caso, acéptenme a suposición de que na actualidade ninguén dubida da existencia de tensións que se dan en todas as partes da Terra, unhas ocultas por outras, e creo que tampouco é tan difícil outear os primeiros trazos dun sistema terráqueo de tensións subxacentes nas ligas de Estados, que perfilan o chanzo seguinte como un espazo contextualizado para a constitución de unidades super–estatais de diversos tipos, de certa efectividade administrativa, evidenciando a necesidade dun instituto político de ámbito mundial.

Utopía…?!. Reflexionemos sobre as alternativas que xa coñecemos, e sobre todo consideremos que o noso armazón social actual non ofrece un carácter de firmeza definitiva, nin de ser un punto de equilibrio culminante da nosa civilización: A MESMA ONU NACEU DUN SUSPIRO NUNHA DESEXADA TREGUA QUE NON PUIDO ACADAR. SÓ É UN LUGAR QUE RECOLLE O ECO DAS NUMEROSAS E PERIGOSAS DESAVINZAS DOS POLÍTICOS DA QUENDA.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES