Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Respiros e vacacións

miércoles, 25 de agosto de 2021
Ultimamente, vexo fontes de emprego que non están suficientemente exploradas ou implantadas na cultura xeral e urxe facelo, porque son, á vez, fonte de riqueza e benestar. Unha delas son os respiros para coidadores familiares que moitas veces, fan 24 horas sobre 24 horas, perdéndose no infindo dos anos. É necesario implantar e promover a cultura de pedir axuda, tanto no coidador como no coidado de xeito que teñan presente a necesidade de separarse por un tempo. Coido que isto debería ser obrigatorio pero para que o sexa temos que promocionar os servizos de respiros familiares e facelos accesibles de xeito universal. Non pode ser, neste caso, que para atopar haxa que buscar. Debemos difundilos de xeito que cando a persoa precise acuda a eles sen medo nin ningún tipo de complexo.

Hai servizos para cubrir estas necesidades tanto as relacionadas co coidador familiar como aquelas de persoas en situación de dependencia que desexen saír do seu entorno habitual. Entón, cabe animar a xente a que, na medida do posible, organice a súa vida máis alá da situación de coidado ou da situación de dependencia. A veces, unha separación vacacional dános forza para seguir e mellora moito o ambiente de coidado tanto por parte do coidador coma do dependente.

Trátase de buscar o benestar colectivo, de abrir mentes e de facer uso do que temos ao alcance. Son servizos necesarios dos que temos teremos que tirar en algún momento tanto como coidadores como no curso da vida como usuarios. Normalizalos e normalizar o seu uso é mellor maneira de coidarnos colectivamente.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES