Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Prestar Atención

jueves, 26 de agosto de 2021
¡Cantas cousas boas se non pasan por alto ó longo do día por non prestarlles atención!
¿Por qué será?
Seguramente será porque o ritmo de vida que levamos non nos deixa disfurtar delas.
Seguramente que se poidéramos ter un día relaxado, totalmente relaxado sen ter ninguna obriga, poderíamos prestar atención a eses PEQUENOS-GRANDES detalles da vida.
Por exemplo:
-A GRANDEZA DE NACER SEN NINGUNHA DISCAPACIDADE: o milagre da vida, o máis grande dos milagres.
Nacer normal xa é nacer capacitado para adquirir todo o benestar que se pode pedir nesta vida: a máis grande das riquezas terrenais.

- A GRANDEZA DE DESPERTAR CON VIDA: despois dunha noite máis o menos prácida, despertar con vida e forzas renovadas é unha auténtica maravilla.
Se non tiveramos na mente o programa do día que comeza, seguramente pronunciríamos mil veces a palabra: "GRAZAS".

-A GRANDEZA DUN SONO REPARADOR: repoñer forzar é unha necesidade vital; pero non tódalas persoas teñen ese privilexio.
Unhas porque a saúde non llelo permite.
Outras polas preocupacións da vida que non as deixa descansar tranquilas.
Outras por motivos de traballo que teñen a súa xornada laboral de noite para que outras teñamos: noticias, pan, sanidade, servizos…
Outras porque non teñen unha cama onde deitárense.

-A GRANDEZA DE ESTAR RODEADOS DE PERSOAS QUE NOS QUEREN: persoas que nos miman, persoas que nos axudan, persoas que están pendientes de que non nos falte de nada, persoas…

-A GRANDEZA DE TER OS SERVIZOS BÁSICOS CUBERTOS: alimento, vestido, calzado, teito…
Cousas que nos parecen normais; pero…
¿Cantas persoas hai no mundo que non os teñen cubertos?
Moitas máis das que pensamos.

-A GRANDEZA DE DISPOÑER DE ENSINO PRIMARIO E SECUNDARIO OBRIGATORIOS: hoxe en día nos países desenrollados tódalas criaturas teñen este servizo asegurado.
¡Qué sorte!
¡Qué gozada para os seus proxeitiores e para a sociedade, en xeral!
¡Como lles gustaría telo nos países do terceiro mundo!

-A GRANDEZA DA SANIDADE PÚBLICA que vela pola nosa saúde física e mental cando máis as necesitamos.
¡Que riqueza!
¡Moito agradecemento para os sanitarios!

-A GRANDEZA DE PODER CIRCULAR LIBREMENTE:
¡Liberdade: divino tesouro!
¡Canto a botamos en falta cando estábamos confinados!
Queixámonos das estradas; pero outros non as teñen…

-A GRANADEZA DE RECIBIR AS VISITAS AMIGAS: as persoas amigas sempre son benvidas e sempre traen algo novo que nos alegra e enriquece.
¡Cantas persoas non teñen amigos!
¡Cantas persoas viven en soidade!

-A GRANDEA DA ASISTENCIA ESPIRITUAL: saber que O NOSO DEUS, O DEUS DOS CRISTIÁNS É TODO AMOR…, que nos ensina a darlle sentido á vida, amando e deixándonos amar por El nos irmáns.

-A GRANDEZA DE DISFRUTAR DE TÓDALAS MARAVILLAS DA CREACIÓN: desde a laboriosidade dunha formiga ata a axilidade dunha fiera pasando por toda unha inmensa gama de paisaxes maravillosos e cheos de vida sustentados en perfecto equilibro pola MAN MISTERIOSA DUN SER SUPERIOR, que os cristiáns chamamos: DEUS.
Temos moitos motivos para gozar, sentírmonos felices e agradecidos.

"FELICES E GRADECIDOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por tantos e tantos momentos que sabemos disfrutar da vida, prestándolles a atención debida.
E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES