Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Quería saír

martes, 24 de agosto de 2021
Que pouca paciencia teño! Como quería saír a... (quería saír, e xa está), non me quedou outra que deixar de facer o que estaba facendo, polo que me dispuxen a apagar o ordenador. Este pediume actualizarse. Eu, como son bastante educado e obediente, concedinlle o permiso. Maldita sexa, 40 minutos me tivo o tipiño (o Pingas de Orballo: Quería saírordenador) esperando a velas vir e coa carraxe furgando na úlcera durmida e coa intención de espertala. Para que non espertase, e tendo xa experiencia nese feitos informáticos, collín o libro e deille á lectura. É verdade que pasei o tempo moi entretido, pero aínda asía a paciencia empezou a alterarme os nervios. Porque eu quería saír.
Xa teño confesado que nunca me gustaron as esperas e, moito menos, o aburrimento nas esperas. Xa sabedes aquilo de "o que espera, desespera". Pois iso. Máis dunha vez pensei nesas películas nas que, nun acto de rebeldía ou de desesperación, pechan o ordenador de mala maneira ou arríncanlle os cabes para tiralo pola ventá. Ganas tiven de facer o mesmo, pero sabía que despois tería que mercar outro. Que nas películas aparecen nas mesas moi ben colocadiños, e punto pelota. A miña realidade, por moita película que vexa, é que, se o tiro, quedo sen el. A miña realidade non é nada peliculeira.
Agora xa pasou a carraxe e, grazas a este desafogo con pingas de orballo, xa a calma nidifica nas miñas entrañas e notando, a maiores, algo así como o doce sabor dunha piruleta vermella. Si, saborosa, apetitosa, substanciosa como a acción de poder saír por fin da casa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES