Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Biografía de Francisco de Fientosa (Francisco Vega Ceide) (1)

viernes, 20 de agosto de 2021
Nace o poeta un 25 de maio de 1912 na parroquia de Santalocaia ou Santa Leocadia de Castro de Rei, é fillo de Francisco Vega Murias que ten 45 anos, nacido na Ponte de Outeiro e residente en Santalocaia no barrio do Cordón, a súa nai era Modesta Ceide Rodríguez, de 35 anos, natural de Santalocaia.

Os avós paternos son: Blas Vega Álvarez (natural de Pousada e veciño da Ponte de Outeiro) e Xosefa Murias Fernández (natural da Ponte de Outeiro).

Os avós maternos: Manuel Ceide (natural de Goberno) e Hermenexilda Rodríguez Díaz (natural de Balmonte).

A casa patrucial do autor está na Fientosa, á beira mesmo do río Azúmara indo pola CP 16-11 desde Castro de Ribeiras de Lea e un pouquiño antes de chegar a Castro de Rei, á mao esquerda, na Área Recreativa, mesmo enfrente, atópase a casa abandonada, a piques de caer, do noso poeta. Sería interesante mercar a casa por parte das institucións e facer dela un espazo de recordo e de cultura deste autor e doutros de Concello.

Os pais de Francisco de Fientosa falecen en Vegadeo case ao mesmo tempo, a súa mai, Modesta Ceide falece en 1917 e o seu pai no 1918, deixando seis fillos; catro deles emigran a Arxentina (Xusto, Félix, Agapito e Antonio) e os outros dous, César e Francisco (de seis aniños) son entregados e acollidos polos parentes.

Francisco reside un ano e medio cos seus avós sendo despois acollido polos seus tíos da Ponte de Outeiro, Remedios Vega e Euxenio Crecente, que son os pais do escritor Xosé Crecente Vega, primo carnal de Francisco de Fientosa, habendo entre eles unha diferenza en idade de dezaseis anos, o que nos leva a pensar que Crecente Vega actuaría a modo de pai do pequeno Francisco de Fientosa que nese momento ten oito aniños.

Paquiño da Fientosa, vai á escola parroquial da Ponte de Outeiro, no barrio de Villamel, á que asiste ata os once anos e aínda hoxe, os fillos desa xeneración falan, incluso hoxe, pola boca dos seus pais, da mente prodixiosa dese pequeno que se integrou totalmente nesta nova comunidade, podendo observarse como na dedicatoria autógrafa dunha das súas obras primeirizas asina como "Paquiño, o rapacín de Outeiro" (1).

NOTAS:
1. POLÍN, Ricardo.- A primeira luzada. Ed. Do Castro. A Coruña 2002. Libro que seguiremos para a súa biografía.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES