Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A culpa

viernes, 20 de agosto de 2021
Carguei coa culpa ó lombo e seguín andando. Que culpa? Ah, non sei; ningunha. Pero a frase é bonita, non si? Dalgunha maneira hai que empezar. Unha veces emprego tempo para o encabezamento e outras sae ó momento e case sen querer. Pingas de Orballo: A culpaO da culpa ó mellor apareceu porque quedei farto de cargar feixes ó lombo. Tamén é verdade que cargar coa culpa... Puiden haber empezado con que carguei o silencio ó lombo (ou ás costas) e seguín andando. Ata creo que sería máis bonito, pero...; non din sempre que o primeiro pensamento é o que conta? A culpa saíu de primeiro e xa non hai volta de folla.
A frase é bonita, pero a culpa pesa de carallo. Seino polo que leo, ás veces, e polo que escoito, outras. Case me atrevería a dicir que, por referencias, a culpa pesa moito máis que un feixe de nabos ou un saco de patacas. Non obstante, como eu non teño ou non sinto culpa ningunha, non me importa cargar con ela e seguir andando e andando. Os que teñen culpa terán que andar ata o cume da conciencia, descargala alí e sentirse liberados, ceibes. Claro que, ben sabemos todos que, onde hai cúspides custa unha barbaridade chegar a elas; están moi altas e sempre costa arriba, ou sexa, subindo e subindo.
Carguei a culpa ó lombo e seguín andando. A min, como non me pesa, sigo e seguirei camiñando, mesmo remexendo. Cos feixes de ferraia, e cando a distancia era moi grande, por veces podía descansar. Coa culpa, como non me pesa (porque non a teño), sigo andando.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES