Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Feijóo contra a doutrina social da Igrexa

viernes, 13 de agosto de 2021
Como crego, atrévome a dicir que é pecado que Feijóo, elixido como xestor do diñeiro público do pobo galego, devolva cartos aos bancos para colocar caixeiros automáticos e que os bancos garden o diñeiro público.

É o meu deber parar as desigualdades sociais e a corrupción. E, como tamén fixo no seu día o cardeal Juan José Omella, chamo "pecado" que os bancos non devolvan á sociedade os beneficios que obtiveron despois do seu rescate con cartos públicos e pido aos partidos políticos que paren os seus enfrontamentos e busquen "o ben común de toda a sociedade".

Nas celebracións do domingo, que recordaban que Xesús era o fillo do carpinteiro e de María da cidade de Belén de Nazaret, pregunteile á xente "¿Cres que é normal que se axude aos bancos a saír da crise e agora producen beneficios sen dar nada á sociedade, e que o señor FEIJÓO queira devolver cartos aos bancos para que poñan caixeiros automáticos.

Iso é pecado, porque os bens teñen que ser para a sociedade, non para os bancos.

Pido "que pare as desigualdades sociais e a corrupción", porque "son necesarias" unhas condicións de vida dignas para todos e esixo aos condenados por corrupción que "pidan perdón e devolvan o diñeiro".

Do mesmo xeito, apelo á necesidade de estar atento á realidade e ás necesidades dos demais para evitar que a indiferenza se globalice: o home é un irmán, non un lobo, como dixo o filósofo

Como sacerdote dunha cidade durante 40 anos, lembro como os partidos municipais se acusaban mutuamente en época electoral e teño que subliñar que hai que abrir o corazón ás necesidades de todos, polo que é necesario que os partidos deixen de lado o combate entre ideas políticas e buscar o ben común da sociedade.

Quero lembrar que medio millón de traballadores están en situación de pobreza en Galicia, polo que agradezo ás entidades sociais, especialmente Cáritas Diocesana e Cáritas parroquiais; Cociñas económicas e bancos de alimentos o traballo que fan para os máis excluídos da sociedade.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES