Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Burla do 20%

miércoles, 16 de julio de 2008
Se un comerciante ou empresario ofrece un producto, ten que entregar ese producto. Non vale que entregue parte, ou un producto de inferior cualidade.

Nas novas tecnoloxías hai tanto mito, fraude, que o Goberno vai sancionar ó que non ofreza o oitenta por cento do producto que vende.

As grandes compañías subministradoras de ADSL ofrecen ós seus clientes unha capacidade de liñas e unha velocidade de acceso que logo non responde á realidade. E aí é onde o Goberno incide para reducir o fraude a un máximo do vinte por cento.

Non se entende a permisividade oficial nesta aparente intención de control ó permitir un fraude dun vinte por cento, e as organizacións de consumidores algo terán que dicir ó respecto.

Se compramos determinado número de kilos dun producto, non vale que nos dean unha aproximación dun oitenta por cento. Se se trata dun automóbil de cento corenta CV non vale que teña cento doce, que cumpriría o oitenta por cento. Como tampouco un equipo de fútbol pode estar formado por nove xogadores, aínda que cumpriría coa risible norma do oitenta por cento.

As compañías subministradoras búrlanse dos indefensos clientes. Desde agora, o Goberno vai acompañalos na burla, legalizará a burla. Claro que non se burlarán totalmente. Somente se burlarán de nós un vinte por cento.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES