Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Maneiras de vivir

miércoles, 18 de agosto de 2021
Vendo o programa da TVG A miña familia pola túa, aparte de pásalo ben, un dáse conta de que cada fogar é un mundo e que realmente quen convive e quen máis coñece á persoa porque está nunha intimidade na que aflora o bo e o malo e o verdadeiro cariño nace cando se acepta á persoa tal e como é. Vin amizades que semellaban para toda a vida romperse despois de compartir a fonda ilusión de ir vivir xuntos. Vin pisos estudantís nos que tiven envexa da liberdade e ao mesmo tempo non quixera vivir con determinados costumes.

A miña familia pola túa amosa unha realidade que desminte a verdade oficial: a familia tradicional non existe porque cada familia é unha unión de persoas únicas e irrepetibles. Polo tanto, é algo auténtico, de tal xeito que non hai dúas iguais. Por iso, é tan difícil acoplarse a outra familia e a outra intimidade.

Isto é algo que sabemos moi ben os usuarios e os asistentes persoais, que cada vez que asumen un novo usuario ou usuaria teñen que aprender as súas costumes e adaptarse ao seu ritmo.

É bo empezar a ver toda a diversidade persoal que se oculta nas persoas e na colectividade. É bo recoñecer que hai moitas maneiras de vivir e o único absurdo e fora da realidade é iso que chaman "tradición" e que só saben tecer en liña recta. Quizais, non se enteraron de que ata deus escribiu en filas tortas...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania