Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A graza / Falar e falar

viernes, 13 de agosto de 2021
A graza
"A bamba" é unha canción tradicional mexicana que asomou polo ano 1863, de autor descoñecido, e que, ó longo dos tempos, tivo diversas versións. As máis coñecidas son as de Ritchie Valens, Los Lobos e Trini López. Polo atallo, camiño da Valenzá, escoitei a de Trini López, que dicía que para bailar a bamba necesítase un chisquiño de graza. Non sei bailar a bamba e creo que tampouco teño graza. Non sei se é difícil bailar Pingas de Orballo: A graza / Falar e falara bamba, pero si sei que é moi complicado ter graza. Non a ten calquera. A graza é como a comedia. É moi difícil facer rir. Eu incluso o noto moito na miña afección cinematográfica: que moi poucas películas e moi pouquiños autores teñen o seu aquel para facernos rir ás gargalladas e a esgalla diante dunha pantalla branca ou televisiva.
Ó ser humano creo que lle sae máis de súpeto o demo que leva dentro que a graza que se nos presupón. Si, é verdade, ás veces chega un simple sorriso para facer despegar o noso ego con certa graza. E sei que hai sorrisos que fan rebentar os corazóns. Pero tamén hai miradas que matan, claro. Certo que a graza non ten porque estar nos sorrisos ou nos chistes (é máis, non está); a graza ten que levala xa un dentro de si. Hainos que a teñen; pero moi poucos.
Trini López tamén di que se precisa, a maiores dunha pouquiña de graza, "outra cousiña". Aquí, na "outra cousiña" é onde podo ter eu algo, onde podo ter opcións. Que, realmente, non sei a que se refire, pero... eu sempre intento tirar polo lado da retranca.

Falar e falar
Algunha que outra vez dáseme por falar. A ver, non son calado; pero é que agora levo dúas semanas seguidas falando case sen parar. Creo que só deixo de falar cando durmo; e como durmo pouco... Eu entendo (e sei) que falar moito cansa, mesmo esgota. Cansa e esgota ó que ten que escoitar, claro. Pero non podo evitar falar. Falo incluso cando estou calado! Porque noto como a miña cabeza traballa e traballa e traballa.
Pingas de Orballo: A graza / Falar e falar Falo coas lagartiñas que asoman polo atallo e coas cirolas que hai á beira do camiño. Falo co paisano ó que non coñezo de nada e falo sentado ante unha roda de carro e tamén desde o campanario da igrexa de Baños de Molgas. Falo cara ós balcóns mirando para arriba e fálolle baixiño á flor do toxo. Quero cubrir a boca coas mans, a ver se así calo, mais non hai maneira. Sigo coa verborrea aínda que non haxa ninguén á miña beira. Vaia por diante que nunca me preocupou falar só. Moitas veces falo só.
Falo baixo o influxo da lúa vella e durante o ruxerruxe das mareas. Falo por Cristo bendito e polos confíns do universo, pola hipotenusa do triángulo dos carballos das Mestras e pola altura dos piñeiros que se erguen cara ó ceo dos Castros. Falo co can da tía Aurora e coa ducia de ovellas que pacen pola Tapada Nova. Falo co reflexo espido dun espello e co sorriso aberto e vermello de quen retratou o momento. Falo en primeira persoa do presente de indicativo e multiplico os segundos que levo falados desde que o mundo é mundo. Unha eternidade de tempo. Unha verborrea de trapalladas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES