Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Os catro puntos cardinais / O Reto

jueves, 12 de agosto de 2021
Os catro puntos cardinais
Xa está. Xa mirei para o norte e deixei de mirar para o sur. Din que hai catro puntos cardinais. Moitas veces miro e tan só me digo que miro para un lado e miro para o outro. Iso dos puntos cardinais debe de ser en plan profesional. Para onde vas? Para alá arriba. De onde vés? De alá abaixo. É así de simple. Quen di: estou mirando para o Pingas de Orballo: Os catro puntos cardinais / O Retoleste? Quen insinúa: creo que vou torcer para o oeste? Ninguén! Veño de aquí e vou para acolá, e punto.
Os puntos cardinais son catro. Do norte vén o aire con tales refachos fríos que corta a respiración. Do sur despuntan parágrafos temperamentais que ninguén entende. Cara ó oeste dan certos balcóns desde os que se pode contemplar a posta do sol. Polo leste aparece o patrón do universo que, baixo unha capa de néboa, non pinta nada de nada. A min, como me gusta asubiar baixo a néboa, non me queda outra que outear o horizonte esperando a ese pobre sol que nunca aparece, polo menos ata ben entrado o mediodía. A min, como me gusta mirar para os balcóns que dan ó oeste, teño que sentar á sombra dun carballo e esperar para saber quen asoma. Cada vez que penso no norte, sempre me vén á cabeza o canellón no que vivía, porque estando aí, e cando o aire viña dese punto cardinal, había que ter peito para quedarse contemplando os biosbardos. O sur foi e aínda é un punto cardinal que nunca me gustou moito e, sinceramente, non sei por que. Por suposto que o mellor é o oeste, porque pertenzo a el. Pero realmente os meus puntos cardinais son: adiante, atrás, esquerda e dereita (ou un lado e outro). E xa está.

O Reto
A min tamén me gustaría correr un maratón. Desde o sofá da casa. Alguén se riu ante esta opción, porque seica non é posible. E ese alguén mesmo me mirou medio burlón. Eu mireino de fronte e díxenlle que me vía capaz, que me sentía capaz de facelo, de correr os 42,195 quilómetros. Nin tan sequera esperei a súa resposta. Collín unha camiseta vella, unha que acababa de usar precisamente para coller as patacas e que Pingas de Orballo: Os catro puntos cardinais / O Retoestaba, por suposto, xa moi suada. Puxen un pantalón curto da cor da flor do toxo e saín de Baños de Molgas ás 17:34, nin minuto arriba nin minuto abaixo. Cando levaba máis ou menos tres quilómetros pensei no sofá e xa estaba algo arrepentido de aceptar o reto da ollada burlona do tipiño aquel. Pero seguín correndo e suando xa a cachón. Aínda quentaba de carallo.
Como non tiña contrincantes, como ninguén me apuraba, no quilómetro 10, sentei enriba dun valado para coller algúns folgos e o puto sofá asomaba nunha viñeta por enriba da miña cabeza. Ó pouco seguín correndo. Mentres corría, pensaba. Mentres pensaba, soñaba. E mentres soñaba, seguía correndo. Deille varias voltas ás pistas do monte Medo. No quilómetro 25 acordeime de todos os parentes dese alguén que me retara. No 30 desexaba a morte de todos eles. Mais seguín co reto. Atravesei bosques e lagoas, e castros e aldeas. Cando, por quinta vez, crucei o río Arnoia cheguei a soñar incluso coa Perla Negra arribando á presa da Porfía. Seguín correndo. No quilómetro 38 máis que correr, andaba. No quilómetro 42,190 rinme polo baixiño daquel que me retara. E xa nun suspiro, crucei a meta.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES