Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fagamos paraíso

jueves, 12 de agosto de 2021
¿Que neste mundo hai moitos problemas?
¿Qué este mundo é moi inxusto?
¿Qué hai moito egoísmo?
¿Qué hai moita perdición?
Claro que os hai e, seguramente, que hai moitos máis dos que sabemos.
¡Se falaran as paredes...!

Pois, precisamente por eso, convén que nos esforcemos por:
-Poñer solución a tantos problemas, empezando polos propios. Os cambios teñen que empezar por un mesmo desde o ser interno.
-Ser xustos nas nosas accións, desterrando as envexas, desterrando a avaricia, desterrando a soberbia: compartino algo do que a vida nos regala porque, aínda que pereza mentira, a riqueza está en compartir.
-Pensando nos outros tanto como pensamos en nós mesmos; porque as outras persoas están feitas da mesma masa que nós. Sofren e gozan da mesma maneira que nós mesmos.

Vimos a esta vida a ser felices e a repartir felicidade.
Non vimos a poñer atrancos.
Atrancos xa os pon a vida e moitos.

-Botando unha man a aquelas persoas que tiveron a mala sorte de caer en entacións que non conducen a ninguna parte.
Todos poderíamos caer na tentación e todos necesitaríamos unha man amiga que tivera compaixón de nós.

SENDO BOAS PERSOAS E IRRADIANDO BONDADE E FRATERNIDADE Ó NOSO REDOR, QUIZAIS NON CONSIGAMOS QUE O MUNDO SEXA UN PARAÍSO, PERO SÍ UNHA PEQUENA PARCELA NA QUE DESENVOLVEMOS AS NOSA VIDA COTIÁ.

De feito todos coñecemos persoas que son capaces de construír o seu paraíso particular creando unha familia exemplar, un vecindario exemplar, un grupo de amigos exemplares...

Esta vida da que disfrutamos é un regalo da Creación, un regalo para disfrutalo en comunidade coas persoas que nos rodean.
Disfrutalo coidando da nosa saúde persoal tanto anivel físico, como mental, como emocional, como espiritual.
Coidando a nosa saúde individual estamos coidando a da humanidade e tamén a do medio ambiente.
O mundo necesita este tipo de persoas, por eso temos o deber de educarnos ou reeducarnos en tódolos valores sen esquecer ningún porque todos son moi importantes.

Quizais sexa este tempo vacacional moi propicio para estar máis cerca das persoas que botan moito en falta a compañía dos seres máis queridos.
Quizais sexa un momento oportuno para escoitalas, saber da súa vida emocional, falar das cousas de familia, falar de temas de actualidade, intercmunicarse a nivel profundo.
Dedicarlles tempo, regalarlles tempo, regalarlles vida...
Calquera lugar é o idóneo se sabemos aproveitar a ocasión: gozando duns días de veraneo, á sombra dunha árbore, na sobremesa, gozando duns días de praia, visitando a familiares ou a amigos, ou una vida de cada día.

O certo é que todos desexamos un mundo mellor, un mundo que se pareza o máis posible a aquel lugar no que a Creación colocou á primeira parella humana, según di a narración bíblica.

Ese mundo feliz témolo que construír entre todos, pero especialmente serán as xeracións futuras as que terán que "recompoñer moitas pezas do puzzle" que os adultos descompuxemos ó longo da historia.
Temos que ser os propios adultos quen lles dea as ferramentas necesarias neste mundo no que as distancias físicas se acortan mentres que a calidade de vida ten moitos niveis.
Non basa con rrealizar estudios ou viaxar ó extranxeiro; tamén cómpre ler na vida mesma a calidade de vida das persoas tan só por nacer nun sitio ou noutro.
Temos moito que aprender, moito que madurar e moito que reflexionar sobre as necesidades que nos rodean para que entre todos poidamos crear ese mundo feliz que desexamos.

Temos que aprender con pés na terra, a pé de rúa...
A vida é a mellor mestra.
Non podemos perde-las esperanzas porque hai moitas persoas que traballan moi duro nese campo.
Hai moitas persoas bondadosa que son un bo exemplo a seguir.

"EXEMPLOS A SEGUIR"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súaconsideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES