Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (3)

martes, 24 de agosto de 2021
A festa de Santa Ana en Magazos: Amor eterno de maciñeiras

Ninguén sabe que hai unha parella que tódolos anos bebe unha cervexa pola festa do Santa Ana de Magazos. Se está pola zona, vai a pista de baile polo serán e alí chimpana. Se non, onde se atopen. E así levan corenta e cinco anos. Algo ha ter santa Ana de Magazos que os engedellou.

Ningunha festa da bisbarra ten a pista de Magazos. Grazas, según din, a xenerosidade dos Pernas, indianos famosos en toda a zona polo seu altruismo. O certo é que non hai outra coma ela. Resulta que está feita a conciencia e é o suficiente ampla para servir a toda a xente que acude a festa.

¿Qué tería aquela coqueta pista, hoxe esquecida polas autoridades? Non se saberá nunca. Porque o amor sempre estivo tolo. Non é dagora. Así que non se sabe se foi o olor das maciñeiras, o cricri dos grilos o croar das rás, o suor das árbores ou que os corazóns estaban en sazón, o caso é que comenzou o seu idilio. E din que non foron únicos os namorados.

Cecais porque escoitaban "Dos gardenias". E despois puxeronse a falar sen freo. Acababan de coñocerse e a conversa era fluida e interesante. Iso non era o normal para ningún dos dous.

Aquel ano, coma moitos, tocaba a Variedades, esa orquesta viveiresa dos Marios, e que tántas festas animou con aquel incomparable, veciño de Magazos, O Carolino.¡qué ben cantaba e que fácil lle resultaba! Hai canteira de artistas nistas Terras de Viveiro.

A xente seguía chegando e os botiquins estaban ateigados e iso que había polo menos catro ou cinco.

Nas parroquias pequenas, que só hai labregos e obreiros que traballan na Vila, resulta moi difícil xuntar cartos para paga-las orquestas para as festas. Pola razón de que ninguén anda sobrado de cartos, a non ser a xenerosidade dun indiano o algo así. Por iso é preciso que haxa xente, como a Xuliana en Magazos ou Galea en Galdo, que traballe arreo durante todo o ano para poder disfrutar da festa. Hai xente solidadaria e xenerosa. Niste caso, das cousas da igrexa encargase o cura D. Virxilio, sempre atento, procesión incruída.

Hoxe os tempos son outros. Xa non hai cubanos con cartos e a festa esmorece a pesares dos soñadores da Ruanova.

Eran tempos moi ledos. Con misa, foguetes, procesión, sesión vermout, xantar opiparo e logo a rachar os zapatos naquela pista, fermoso agasallo para ledicia e fachenda dos veciños. Mágoa que non reviva.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES