Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (2)

miércoles, 18 de agosto de 2021
O Santiago e Santa Ana en Celeiro: Pan de galernas, suor e cancións

O que os escritores chaman rosario festeiro continúa agora co Santiago en Celeiro. ¿Seguimos a falar do mar? ¿E logo de qué imos a falar en Viveiro? Se o mar é o pan de Viveiro. Se o mar vive na ialma da xente; se se respira mar e se canta mar; se o mar impregna a lingua, o andar, ata as enrugas da cara. Se o mar na nosa vida é todo, coma un deus que coida de nós.

E Celeiro, o noso peirao, é unha proa valiente, ousada e dura diante o mar. É unha cunca de tenrura de xente homilde, traballadora, silandeira na soedade, e farreira e cantarina cando se descansa. Celeiro ten o orgullo do traballo, a razón que da o duro brear cos temporais; a simbiose de bebelo mar cos ollos e ser o seu espello; porque o mar é isa inmensa auga na que se sementan os soños; o eterno compañeiro amigo que escoita as confidencias con infinita comprensión; o pai xeneroso que nos enseña... ¿Qué terá o mar que tan cantaris fai os mariñeiros? ¿Cecais o corazón dos afogados que fala coas gueivotas?, ou ¿cecais o dor da distancia, en días de marea e ise amor, que espera sempre, eterno e fiel, o regreso dos seres queridos?. Con Celeiro, tamén canta o ceo ise son de fermoso arte das sireas, que tratan de competir coas fermosas chilindrinas. Nada teñen que facer: onde haxa unha chilindrina, que se chimpen as sireas.

Celeiro ara o mar é non repara en temporais non teme aventuras polo mar do mundo. Celeiro tén homes feitos de rocha, de callos na ialma e nas maus. Seino pola experiencia de ver os meus amigos coas maus raxadas polas líneas. Celeiro é terra da miña gratitude, porque eu tamén fun novo e agradecin sempre o pan da miña casa pola xenerosidade dos mariñeiros. Teño memoria.

Celeiro, no inverno, é tranquilo, pousada de bancos de pacencia, vellos mestres de experencia, taller de proiectos e escola mariñeira de rapaces. O mar doe, e máis, se é o xardín dos recordos onde apousan os amigos.

Pero agora chega a festa do Santiago e ábrense as ventás e vese o salón iluminado e decorado, cheiño con pezas de Sargadelos. E os barcos engallólanse tamén con bandeiriñas e loureiros. E que non falten exquisitos pinchos, que hoxe no barco vai a Virxen do Carmen e cómpre non reparar en gastos e ser rumboso. E pum, e pum... Resoan os foguetes que a Virxe do Carmen é o noso salvavidas e o nome da nosa filla. E na casa tamén é dïa do patrón Santiago.

O menú, por exquisito pode ser impredicible. Hai quen come lubrigante, cigalas, nécoras, percebes, langosta... Pero tamén hai outras exquisiteces: ¿Queres merluza do pincho? ¿Besugo ó forno? ¿Preferides bonito en salpicón ou xamón asado? Hai tarta da casa e da pastelería. ¿Queres un chupito de algo ou prefires un cubata? Xa sabes, o que che apeteza. Para rumbosos, os chilindris, dito seña con todo o afecto.

E polo serán comenza a verbena. Fixariaste na orquesta. Xa poucas hai boas que non pasaran por aquí. E verías ás cantantes, que eu ben sei que máis dun repara máís nas pernas que na voz -dito sexa tamén e sempre co máximo respeto para elas, que non valla ser que se confunda a miña descripción co meu sentir de máxima consideración cunhas traballadoras-.

E daríaslle o neno algo para os cabaliños. Vamos a tómbola... Mércame unha pasmina... Chámanos o Berecho para tomar algo... A ver o que bebes. E así mil argalladas máis. E a música sigue a repartir e encher a festa de ritmo e ledicia. E a xente baila sen termar da roupa, ainda que hoxe esteña de estreo,¡ qué máis da se se mancha!. O caso é pasalo ben. E os botiquins a reventar, e as terrazas das praia a tope. Se todos los días fose o Santiago, pensa o taberneiro. ¡Pum!. Outro ¡pum!. Van a empeza-los fogos e o ceo vistese de colorís. Entón o mariñeiro comenza de novo a soñar e miralas estrelas, isas compañeiras fieis das duras campañas. Impertérritas abranguen as ialmas mariñeiras e falan con il da bondade e fermosura das mozas. ¡Tampouco sabes nada vós!.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES