Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (1)

viernes, 13 de agosto de 2021
Para a miña familia e amigos, con gratitude e agarimo.

Hai un orgullo lícito que nace do amor ó berce, da gratitude á Terra, do abrazo dos amigos, do froito do traballo xeneroso, do sorriso dun neno, do sabor a mar e da luz do sol... Hai uns soños, hoxe festas, nos que o home se tira de amargullo para ser feliz na procura dos seus e a súa compaña.

E dise orgullo emerxen, coma peixiños, istes anacos de corazón que abranguen a nosa bisbarra levando no seo ises bicos sinceros para as vosas ialmas.

Queira Deus que, camiño diste San Roque, patrón de pandemias, saibamos ser prudentes e felices para disfrutar das fermosuras do noso vivir e que ledos compartimos cos forasteiros.

O Carmen na Ribeira: Un carabelo de amigos.

No meu peculiar reloxo festeiro de Viveiro, o ano comenza o dazaseis de Xullo coas festas do Carmen. Son tántos os recordos gratos dise día que un non sabe se comenzar pola procesión da Virxen ata o peirao, -sigue a chamarse Muelle- bombas de palenque, bandeiriñas e beberella incruídas- ou pola verbena a ritmo de merengue. Non acerta ben a distinguir se prefire a sesión vermut a cargo dos Pindaros, impagable saga de artistas, ou aquel vrau, que na compaña dos seus pais e a súa muller, gozaba, sorríndolle a ialma, vendo bailar á xente feliz. Nín tampouco é capaz de escoller a música, porque dúbida se prefire un bolero, a música por antonomasia dos románticos, un son cubano, coas súas soaves cadencias, ou o ritmo marchoso de meneito a base de merengue.

O Carmen é isa festa homilde, sinxela, familiar e tenra na que o pobo amosa o amor á Virxen e ás xentes do mar. Alí é onde os mariñeiros sintense felices e agradecen, co orgullo do súor e o dor das galernas, o amparo do escapulario que os cingue á Virxen e que tanto os socorre ó longo da vida. Son días nos que o mariñeiro comparten gostosos isa ledicia cós amigos, veciños da Vila, e forasteiros. O Carmen sempre reconforta o descanso do labor, e un disfruta da conversa cós amigos tomando os de churros con chicolate, mentras agradece a raiola do sol. Porque o viveirés ben sabe que acó, ise turista ocasional, moi ocasional, chamado Lorenzo, non acouga. E mira tí que rezamos porque al menos pase aquí o vrau. Ata hai quen di que non existe.

Mais o Carmen sempre terá o sabor a prato de sardiñas, aínda que hoxe se coman outras viandas. Porque hai quen prefire polbo, salpicón de bonito, calamares en tinta, carne asada ou mechada, empanada, peixe ó forno... e despois pasteis, tarta de améndoa. Son días de farra e festa rachada. E todo é ledo, porque alí están os amigos da infancia que aínda quedan, e o agimoso recordo dos que xa descansan no camposanto. E vibramos coas persoas, as que o meu corazón abrangue, porque son persoas feitas do mesmo barro que mín. Sempre tiven amigos mariñeiros, sinceros, fieles, parranderos e dos mellores. E por iso bailamos e ata rachamos os zapatos se se precisa, e facelo sen presa, sen mirar o reloxo e esquecendo as amarguras de todo o ano ata caer derreados.

Se alguen, dises que dan carnets de fidelidade, aínda dúbida, quero que saiba, non polo carnet, pois ise é un noxento sintoma de racismo, senón porque me sal dalí, que o que eu quero o mar só o sei eu. E direille: quero ó mar que da pan os mariñeiros, porque é a leira que aran os barcos na procura do seu sustento. E queroo sen límites. Sinto mágoa do mar que me rouba amigos, e renego dil polo dor que nos supón as súas familias e ós que os queremos. Gardo no meu seo os abrazos e agarimos que o mar me da na miña soedade; o seu ronco sosego, que ola trais ola, amaina o meu corazón ferido. Agradézolle, cando farto de tristura, me sirve de pano de bágoas, me relaxa, e alimenta unha vez máis os meus soños. Ben sabe il que pido pouco para mín. A dúbida dalgún sobre o meu sentimento co mar é unha espiña, cravada involuntariante, no meu corazón. Se me criei na praia no medio de longeirós, navallas e turistas. Se sendo neno atopei mariñeiros afogados entre as olgas. ¿Quén o pode saber mellor que mín o que sinto por tí? Se xa non vou a praia, porque a destragaron de tal modo que o meu corazón anágase de bágoas só con mirala. E non foi por non berrar contra tal estropicio.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES