Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que lle vaia bonito

lunes, 09 de agosto de 2021
Que lle vaia bonito A pesar de que estivemos inmersos na semana álxida dos Xogos Olímpicos e de que andamos a voltas coa quinta onda da Covid-19, o gran bombazo semanal estivo na nova de que Lionel Andrés Messi deixaba, abandonaba o Barcelona. Agora si que é verdade que se acaba o mundo!

Vaia por diante que sempre sentín admiración por el. É máis, creo que é o mellor xogador do mundo (para min, con moita diferenza), e ata case me atrevería a dicir de toda a historia. Pero a vida segue. E o Barcelona seguirá. E a Liga seguirá. E as nosas metas seguirán sendo as de animar ó xogador ou xogadores que máis nos gusten, as de gozar coas vitorias dos nosos equipos e sen acordarnos para nada xa dun tal Messi. Lembro na miña época madridista, de cando se retirou Camacho, que, claro, que pasaría a partir daquel momento? Pasou que chegou Gordillo ou Roberto Carlos e o Madrid seguiu facendo historia.

Recordo a retirada daquel Santillana que, ufff, quen marcaría goles para Madrid? E apareceu Hugo Sánchez que os marcaba de todas as cores e de todas as maneiras.

E xa non digo nada de Cristiano Ronaldo. Repito, que a vida segue e agora hai que asimilar que Messi foi historia e, si, o gran referente futbolístico dos últimos vinte anos. Pero o pasado queda atrás e a vida segue. Agora toca: que lle vaia bonito, e punto.

Xa que andamos co deporte a voltas... foille bonito ó noso país nos Xogos Olímpicos? Creo que hai para dar e tomar. Que se cumpriron as expectativas, pero penso que as mínimas. Falábase que, como mínimo, deberiamos acadar 15 medallas e conseguímolo, si, pero... non deberiamos asimilar que países como, por exemplo, Nova Zelandia, Hungría ou Corea do Sur queden por enriba de nós en número total de medallas. Incluso Cuba, a República Checa, Noruega e Xamaica nos ganan en medallas de ouro!

Que lle vaia bonitoNon obstante, e fóra xa de premios e méritos e decepcións, o que si seguen demostrando os Xogos é ese espírito que se apodera de todos os participantes, sexan individuais ou como colectivo. Os Xogos é verdade que teñen o seu aquel. Mesmo para o espectador, que anima sempre ó que o merece ó que fai o esforzo aínda que non acade as metas. E en cuestión de momentos emotivos, creo que non hai outro acontecemento que se asemelle ós Xogos. Hai bágoas para formar auténticas lagoas. Bágoas de alegría e de tristeza. Bágoas que facemos nosas. Esperando xa ó seguinte espírito olímpico.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES