9.- En canto ás persoas gramaticais hai unha profusión do "TI" e do "EU" sobre o "EL"
                          
                  "¡Cómo te ris, miña amiga,
                                 do fume do meu charuto,"                                              
                                                -------------
                                               "... da túa risa
                                                branco do teu lecer
                                                teu neno medra axiña."
10.- En algunhas ocasións aparecen certas estruturas siloxísticas con premisas ben fundamentadas.

11.- Importante predominio da substantivación, con ausencia de verbos, o que nos leva a unha poesía bastante estática e chea de esencias
                    
"Repinicar dos remos,
                                        pandeirada de auga,
                                        aturuxo do vento,
                                        ¡foliada da barca!"
12.- Ten a Galica sempre no seu corazón, unindo os dous mundos galegos por antonomasia, o mundo campesiño e o mundo mariño.
      
 "Cónchegas de boa fiada"        (Cónchegas + fiada)
                               --------------
                    "¡ai, as zoquiñas das dornas!"  (zoquiñas + dornas)
                               -------------
                    "polos oucéanos verdes,          (prados = oucéanos)
                     abaneándose como un barco  (barco = vaca)
                     vello,
                           vai a vaca marela."
13.- Linguaxe elíptico, conciso e nuclear
                   
  
"Nin río nin prado:
                      Veleí vai o día
                      sin treu nin engazo."
14.- Francisco Vega Ceide é un home adicto ao mundo da auga que o cativa e o transforma.
     "E na tona da auga
                          o mar a rir:
                         ¡Unha bágoa cativa
                          é mairande qu'a min!" 
15.- Gusto especial pola xeometría, o triángulo e o círculo están sempre, ou case que sempre, por detrás da súa poesía, facendo, ás veces, figuras escondidas, e outras, perfectamennte visibles.
               
"Dous spinos na ribeira...     (Triángulos)
                           -Fusos de bel follax
                            fiando a néboa néboa."
                           --------------
                           "Caneiro de auga pura...              (Círculos)
                            -Muíño ledo ledo
                             moendo a lúa lúa."
                           --------------
                             "Pandeireta do ceio                          (Círculo)
                             axira as estrelas brancas."
16.- O autor preséntanos na súa poesía, o lugar, espazo, tempo e personaxes como se os poemas houbera que narralos. Xeralmente estes elementos narrativos aparecen ao principio e ao final das composicións.
                      
"Noite de verán. Lúa outa.             (Tempo)
                                No ollo da pucharquiña
                                as ras que tocan as cónchegas."   (Personaxe)
                               -----------------
                          "Ao vir o neno mencer                    (Tempo)
                                sempre te atopo no leito"
17.- Tamén observamos un certo culturalismo na súa poesía con citas da Biblia, do Xénese e da mitoloxía clásica: Ariadna, por exemplo.
                     
"unha escada de Jacob
                                    por onde fuxe o spleén
                                   ..."
                                   --------------
                                    "Pero ila, fío de Ariadna
                                    ouzarame a silva virxe,
                                    ..."