Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos debemos algo

martes, 15 de julio de 2008
Todos os galegos somos debedores, como ven de constatar o Banco de España, totalizando en sesenta e cinco mil millóns de euros o que entre todos debemos a entidades de creto, cifra que se escribe así 65.000.000.000€.

Todos precisamos de cretos para afrontar as compras máis importantes. E en primeiro lugar será a vivenda, primeira ou segunda, o amoblamento desta ou destas, os automóbiles, as viaxes ou vacacións e unha infinitude de investimentos que a nosa sociedade consumista se ocupa moi ben de convencernos da súa utilidade e necesidade.

Así se explica que hai arredor de vinte anos a débeda fose de pouco máis de catro mil millóns de euros, e aínda no 2000 de arredor de dezaoito mil para duplicar esta última cifra en cinco anos e chegar nun ritmo frenético nos últimos tempos a superar os sesenta e cinco mil millóns de euros no presente ano.

Estas cifras, perfectamente cuantificadas polo organismo que controla a circulación do diñeiro en España, veñen reflectir que cada galego en idade de moverse polos camiños económicos da sociedade galega debe deber arredor de trinta mil euros, que é un promedio para pararse a pensar . Porque haberá moitos galegos que deban moito máis e outros moitos que deban moito menos ou non deban nada, pero o promedio e algo máis ca unha estatística.

Todos debemos algo, dalgún ou doutro xeito. E aínda os que non deben recibirán na súa economía a parte alícuota correspondente da situación xeral. Porque o problema é global, e responde á febre investidora ou compradora que só agora nos paramos a pensar que é imparable, de aumentos en progresión matemática, que algún día terá que parar. Con crise ou sen ela.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania