Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Axexando

miércoles, 11 de agosto de 2021
Souben que se me tiraba un instante axexando, podía atopar algo. Porque sempre acaecen cousas. Mais, maldita sexa, non ocorreu nada! E botei máis que un instante; botei case un mundo e nada. Non pasaban coches, non pasaba xente, non voaban paxaros, non había ruído, non abaneaban as herbas e nin as nubes se movían. Todo era silencio. Ata cheguei a dubidar se eu mesmo respiraba. Sei que o facía (aínda que non Pingas de Orballo: Axexandome oía), porque vivía. Estou vivo. Pero só, en silencio e sen que nada pase. Son como a reencarnación dun soño que non se soña ou dun poema baleiro de versos. Cousas máis raras acontecen neste ir e vir da existencia. Claro que, agora mesmo, non existe nada. Porque nada sucede, nada pasa.
Quero deixar de atusmar, pero como tamén son testán, sigo sen baixar da burra para saber o que pode acontecer. O instante faise eterno; o silencio, angustioso e a inmobilidade nin tan sequera flota. Porque nada se move. Sei que non estou soñando, pero os nervios están xa a flor de pel. A situación é rara, moi rara. Sigo ó axexo, á espreita.
Levo media vida axexando, guichando e todo segue igual. Desconfío dunha existencia apocalíptica que nin esgazará co rock and roll deses mundos por descubrir. O problema está, claro, en como se descubrirán; se nada cambia, se nada acontece. Empezo a pensar en recuar deica o pasado para volver á normalidade. Pero, como retrocedo? Se nada acontece. Se nada sucede. Se nada podo facer.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES