Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O meu ritmo

martes, 10 de agosto de 2021
Ó andar doíame unha perna e ós catro ou cinco pasos xa notei que me doían as dúas. Souben axiña que era a nugalla. Que logo de estar un bo cacho na cama contemplando os Xogos Olímpicos, os ósos e os músculos e os nervios acomodáranse de tal forma que agora custáballes pillar de novo o ritmo, o meu ritmo. Porque o meu ritmo Pingas de Orballo: O meu ritmosempre foi nervioso, incluso algo aloucado. Leo andando, tamborilo cos pés, tremelico coas pernas, sempre estou medio cantando ou medio murmurando, raño a cabeza, raño o pescozo, raño o...
Sempre tiven ritmo. Sempre teño que estar facendo algo. Angústiome ante o aburrimento. Que perda de tempo se ó tomar café teño que mirar para os biosbardos; así é que escribo. Que perda de tempo andar sen facer outra cousa; polo que, se non leo, escoito música. Por todo iso non queda outra que moverme, que facer cousas mesmo que sexan inútiles. A vida é un suspiro, un alento e hai que aproveitalo.
Incluso nos traballos de esforzo físico (e a vida do labrego ten moitos) prefiro un ritmo acelerado antes que traballar de descanso en descanso. Se sei que teño que coller as patacas ou rozar unha poula, pois canto antes mellor. E doulle, e doulle, e doulle. Que acabo axiña e non teño máis que facer?; xa buscarei algo para vencer a nugalla e non perder o tempo. Non din que o tempo é ouro? O meu ritmo tamén. E por iso boto man del e obvio e esquivo a dor dos xeonllos. Sei que cuns cantos pasos máis a nugalla desaparece e as pernas collen tamén o seu ritmo, ou sexa, o meu ritmo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES