Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A fatiga das fatigas

miércoles, 11 de agosto de 2021
Sei que estamos moi preto e que hai que aguantar. Sei que é o sprint final dunha loita universal que lle contaremos ás vindeiras xeracións. Sei que a ciencia ten razóns e ten a chave do futuro. Sei que nos levará a un porvir onde espertar do pesadelo. Sei, sei, ben sei todo pero arrastro un carro de cansazo por unha estrada de carros de cansazo. E iso é moi complicado e demasiado longo.

Por iso, mellor focalizarnos no horizonte e debuxar nel a vella normalidade. Soñar con un baile, un concerto, un canto colectivo e tantas apertas que a vida nos debe. Vencido o terrible virus, quedará a fatiga das fatigas. A que ten falta de pel e tacto, falta de bicos, apertas e suores libertinos que danzan ao ritmo de cantos ceibes. Esta fatiga só ten unha cura en mil ou dez mil nomes: nomes como San Froilán, Resurrection Fest, Pardiñas, Ortigueira, Revenidas, O Castañazo, A Fraga, A festa do Albariño, Os caneiros... e moitas máis que nos agardan para resarcirnos do silencio e de tanta falla de contacto físico.

Despois de todo, repito, despois de todo, quedará curarnos da fatiga e iso quere tacto, ledicia e liberdade. Quizais, sexa necesario facer delas terapia e tomalas por prescrición facultativa. Pois, que marche o bicho e que chegue o bálsamo para todas as fatigas.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES