Autores: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro.
VI. Parroquia de Neira.

No Pazo de Neira, propiedade actual de Pedro Barragán, hai dúas cruces.
1ª Cruz de acceso á casa do Pazo.
Coordenadas U.T.M.
X: 621.704,56
Y: 4.746.258.33
Esta cruz, máis complexa que a anterior, amosa dous elementos:
2.1. Unha base, que mostra tres tramos: un tramo inferior e outro superior, de forma paralelepípeda, unidos por un novo tramo moldurado de "media caña" (molduración cóncava).
2.2. A base prolongase nunha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e coas

arestas biseladas no resto. Os extremos dos brazos son de forma de cruz florenzada.
2ª. Cruz de acceso á finca.
Coordenadas U.T.M.
X: 621.6999,22
Y: 4.746.260,66
Trátase dunha cruz latina, de sección oitavada en ambos os dous brazos, que se apoia nunha estrutura paralelepípeda irregular.