Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Polo Camiño

viernes, 06 de agosto de 2021
Veño de percorrer un anaco do Camiño Francés acompañando a exposición "Aquela nena de Sarria", que agora visita Triacastela, Samos, Paradela e Portomarín. O percorrido foi de arredor de 40 km., o que sería notable se non fose que os andei en automóbil, medio que non conta cando se trata de peregrinar.
Polo Camiño
O peregrino ten que andar, pedalear ou montar a cabalo, polo que eu non fun peregrino senón viaxeiro/observador do renacer dos Camiños despois da opresión dun virus que nos volveu a tempos nos que o viaxar estaba condicionado pola economía e as barreiras naturais ou impostas.

Sabendo o que significan os Camiños para a vida e a economía de Galicia, todo o que marque o seu rexurdir é beneficioso para o país, e comprobar que volven a encherse de xente é unha satisfacción difícil de explicar.

Seica hai pouco nun só fin de semana chegaron a Santiago tantos peregrinos como nos dous meses anteriores. E nesta viaxe comprobei que é verdade a volta á normalidade lenta pero inexorable. Andan polo Camiño Francés peregrinos que se agolpan para o selado de credenciais nos concellos, apreciando a maior afluencia en Samos e Portomarín, propicia polos horarios.
Polo Camiño
En Samos, ás doce, os bares de fronte ao Concello estaban ateigados de mozos tomando un tente-en-pé. E en Portomarín, ás dúas da tarde, remuíño de camiñantes, entre eles un grupo de madrileños que lle preguntaron ao alcalde onde podían xantar comida do país, e inquiriron na mostra de Xela polo significado dun verso para eles oscuro, complicado mesmo para un galego. Portomarín fervía de visitantes; o Camiño atéigase de vida. E todos, querendo crer que estamos volvendo á vida de sempre.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES