Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A Gavela / Madrugar

viernes, 06 de agosto de 2021
A Gavela
Collín a forquita e espeteilla no mesmo corazón á gavela. Sen compaixón ningunha, porque a gavela tampouco tivo piedade de min cando a rocei. Era unha gavela de toxos; de toxos arnais e grandes coma carballos. Xa sei que é unha esaxeración, pero tampouco esaxero tanto. Nunca vira uns toxos tan grandes e tan grosos, e levo toda a vida de labrego. Era unha gavela que rocei Pingas de Orballo: A Gavela / Madrugara iso das dúas da tarde, xusto cando a canícula caía como adoita caer no mes de agosto. Hai que ser tolos (ou heroes, eu que sei...) para poñerse a limpar unha finca a esas horas.
Ó limpar a finca formei gavelas. De toxos e silvas. A maioría de toxos. De toxos enormes, tan grandes que, ó cortalos, moitas veces caían sobre un, e ó facelo, claro, acórdase un de todo o que se ten que acordar cando as cousas non saen como un quere. Menos mal que todos as palabras que cuspo pola boca saen no dicionario da RAG, da Real Academia Galega. Para que ninguén me diga despois que boto pecados, ou que blasfemo. Que va, só é para descargar un pouco a carraxe... na puta gavela!
E espicho a forquita con todo o veleno que levo dentro para cagarme nos incendios forestais, que son os culpables de que, agora, haxa que manter as fincas impolutas. Antes daban traballo polo produto que ofrecían e agora dan traballo pola broza que botan, que as cubre. A vida do labrego é como a da gavela: que a rozan, que a espichan, que a menean, que a estercan ou que a queiman. Estou queimado!

Madrugar
Ó que madruga, Deus o axuda. É un dicir. Hoxe madruguei e dóenme os ollos. Madruguei por culpa dos Xogos Olímpicos. A muller xa me acusa de non ter coñecemento ningún, de que son peor que un neno, pois ve que vou moito máis alá do fútbol e do ciclismo. Eu ríolle a acusación e, claro, non lle fago caso... falo no xantar ou na cea do piragüismo, do atletismo, da Pingas de Orballo: A Gavela / Madrugarvela, do balonmán, do boxeo, do judo, do que cadre. Non lle falo das bólas ou da billarda porque non hai esas modalidades en Toquio.
A ver, o de madrugar tampouco é tanta desgraza. Nacemos para madrugar (algúns incluso nacemos de madrugada, un servidor, ás cinco). De cativos e mozos madrugamos a causa dos estudos. De adultos, a causa dos traballos. Si, xa sei que hai moita xente en paro, pero enténdese que o cometido dunha persoa, logo de rematar os estudos, é traballar.
Eu, por madrugar ata madrugaba nas vacacións. De rapaz, cando ía para o monte e, un día si e outro tamén, perdía o burro, polo que o castigo da miña nai (logo das correspondentes labazadas, faltaría máis; pero á que nunca acusarei de maltrato), consistía en facerme madrugar ó día seguinte, aínda que non houbese nada que facer. E xa de adulto, nas vacacións, cando viña de Madrid, moitas veces ía dereitiño do expreso Rías Baixas (que chegaba a Baños de Molgas sobre as seis da madrugada) a segar a herba ós Lamas ou ó Río Vello ou á parcela do Medo. Madrugar é como dicir que a vida son dous días e que hai que vivila. Para que perder tempo durmindo!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES