Manuel Jove
Editorial - lunes, 14 de julio de 2008
Manuel Jove foi un dos máis destacados empresarios galegos das décadas dos noventa do pasado século e dos primeiros deste, patroneando Fadesa, empresa punteira no sector da construcción e promoción e outras diversas iniciativas industriais.
Non era esta a súa primeira acción industrial, e como ocorre moitas veces cos soñadores, emprendores ou as dúas cousas, subiu e caiu, partindo de cero ou con signo negativo en varias ocasións ata conseguir subir ó cumio empresarial de Galicia, e desde alí reinar durante moito tempo.
E de repente, como si tivese un espello máxico para ver o futuro, vende o seu emporio empresarial nunha aparente retirada a un empresario madrileño que tiña demostrado querencia por aparecer nos medios informativos e apreciaba tanto o entramado industrial como a aura social que vai envolvendo estas actividades e a quen as promove.
Desde que Jove deixa Fadesa todo son problemas para esa empresa, evidénciase a dependencia de Madrid, fragméntanse sectores da mesma, e xorde a crise que nos afecta a todos e de xeito especial a todo o que abrangue o sector da construcción.
Desde que Jove e Fadesa non son a mesma cousa, Jove demostra que non se retirou que nunca se retirará- e dedícase ós investimentos multimillonarios nos sectores máis diversos curándose en saúde diante de calquera crise que, visto está, nunca máis vai volver afectarlle.
A última iniciativa, crear un grupo enerxético galego que actúe nos campos da enerxía eólica, solar, biocombustibles, petróleo, e enerxía hidroeléctrica. Son mil douscentos millóns de euros para comezar a andar por este camiño unha entidade que se chama Avantegenera, e que tamén se vai a dedicar quen o diría!- a pisos de protección oficial, complexo residencial e comercial en Casablanca, gastronomía, hostelería, e un etcétera moi amplo que garante que temos afortunadamente- Jove para rato.
Algúns galegos nacen cun olfato especial para os negocios. Manuel Jove ten ese especial sentido. ¡Que lle dure, que tamén é bo para o país!.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora