Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: As vinte en bastos

miércoles, 04 de agosto de 2021
Farto de cantarlle as corenta ó tipiño de sempre, un día espereino na reviravolta da carballeira que está máis alá das Pedradarcas para cantarlle as vinte en bastos. E vaia se llas cantei! Durante media hora ou máis non deu un chío. E aguantou todo o que lle cuspín á cara, que foi moito. Tanto como todo aquilo que me esbardallara a min; e algo máis. Porque, eu, aguantar aguanto coma os heroes todo o que me boten; non obstante, chega un momento no Pingas de Orballo: As vinte en bastosque hai que saber e dicir basta. O meu momento, por fin, chegara.
Ben certo é que, despois, xa de volta para a casa e á altura dos Agriños estaba máis que arrepentido de cantarlle as vinte en bastos. Creo que lle chegaba coas vinte en ouros ou, como moito, as cincuenta en cabalos. Pero que tampouco se queixe; que peor sería as vinte en espadas.
Vese que no fondo son un cacho de pan centeo. A pesar dos pesares, xa me daba pena. Tanta pena que fixen o que non fai ninguén: volvín sobre os meus pasos e cando cheguei á reviravolta da carballeira chameino cun ton de voz doce, modesto e moi amigable. Tardou en aparecer porque acochara tras unhas xestas de flores brancas a causa do medo. Achegouse coa cabeza gacha e coa ollada humilde. Eu, e sen darlle tempo a reaccionar, deille dous bicos nas meixelas. Nese momento caín na conta de que fora peor o remedio que a enfermidade, xa que se puxo tan colorado que penso que prefería as vinte en bastos. Volvemos para Baños de Molgas, case se pode dicir que de ganchete.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES