Seguimos en alerta
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 05 de agosto de 2021
O ser humano quere vivir en liberdade e ten moita razón porque despois da vida e a saúde, a liberdade é de suma importancia.
Pero vivir en liberdade leva consigo a tarefa de saber elixir cal é a opción que máis nos convén.
Con relación a esta pandemia, que tan preocupados nos trae, temos que ter moi claro:
-Que o virus segue circulando:
-Que calquera persoa pode contaxiarse, aínda que as que nos vacinamos estamos máis protexidas.
-Que temos que estar moi atentos de non expoñernos en situacións de perigo.
COA CHEGADA DO BO TEMPO, TODOS NOS MEVEMOS MÁIS:
-Uns por motivos de traballo.
-Outros por motivos de ocio.
-Outros por motivos de negocios.
-Outros...
ESTA SITUACIÓN FAVORECE A CIRCULACIÓN DO VIRUS CON MOITA FACILIDADE PORQUE:
-Temos gañas de visitar familiares ou amigos
-Queremos viaxar e coñecer novos lugares.
-Sentimos necesidade de comunicarnos con outras persoas...
En definitiva: estamos máis expostos.
¿QUÉ SIGNIFICA TODO ESTO?
¿QUÉ NON PODEMOS SAÍR DA CASA?
Claro que podemos saír; pero temos que levar con nós máscaras para usar cando teñemos proximidade con outras persoas.
Temos que lavar as mans con moita frecuencia.
Usar o xel que hai nos establecementos públicos e tamén levar xel á man.
Procurar, na medida do posible, non acercarnos ás persoas para evitar o contaxio por aerosoles.
En definitiva: tomar precaucións, estar alerta.
Resumindo:
Estar alerta de non poñernos en situación de contaxiar nin de contaxiarnos.
Tan importante é non contaxiarnos a nós como non contaxiar ós outros.
¿QUÉ HAI PERSOAS NEGACIONISTAS?
Claro que as hai; pero non só neste caso.
Hai persoas que negan os propios valores universais de convivencia e sáltanse tódalas normas.
Hai persoas que negan unhas crenzas e están moi a favor doutras aínda que vaian ó revés da maioría.
Hai persoas que se teñen por moi entendidas e non o son.
Hai persoas que nin se respectan a sí mesmas nin respectan ós outros.
Hai persoas discuidadas... Claro que as hai.
PERO TAMÉN AS HAI MOI PERO QUE MOI COIDADOSAS.
Desas temos moito que aprender e ó mesmo tempo estarlles moi agradecidas.
Tal é o caso das persoas prudentes, educadas e cumpridoras.
Andando pola vida encontrámonos con persoas sumamente prudentes. Con elas dá moito gusto estar.
Tamén nos atopamos con persoas que: saben estar, saben disimular os fallos dos outros, saben poñer unha nota de dozura en todo momento, o sorriso sempre a flor de pel...
E tamén nos encontramos con persoas sumamente cumpridoras.
Responden axeitadamente en todo momento.
¡Qué maravilla!
Con persoas así, dá a impresión de que este mundo é un paraíso.
Pero realmente
¿Poderíamos convertir este mundo nun paraíso?
¿Intentámolo?
"FAGAMOS PARAÍSO"
Este será o titulo do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora