Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Otelo Saraiva

miércoles, 04 de agosto de 2021
Foise Otelo Saraiva, capitán de Abril que abriu as rúas de Lisboa cara á liberdade. Persoa como todas de luces e sombras, polo tanto, quizais, haxa quen o recorde con triste memoria. Dende o meu punto de vista, equivócase. Primeiro, porque é o ideólogo dunha revolución sen tiros onde as únicas vítimas foran provocadas polo estado opresor de Caetano. Segundo, porque, a veces, determinados actos hai que xulgalos na altura histórica na que se producen e non con parámetros dunha democracia consolidada.

Para min, o motivo polo que Otelo Saraiva merece unha homenaxe é o feito de concibir a democracia nunha vertente social e de pobo afastada do concepto burgués da mesma que desgraciadamente se impuxo tanto no país irmán como no noso. Esta democracia parte dunha falacia e é afirmar que existe igualdade de oportunidades no punto de partida. Isto é falso e vémolo día a día pero permitimos que a mentira siga campando no corazón do sistema e, polo tanto, pervertendo ao mesmo. No punto de partida hai unhas condicións derivadas do status familiar que limitan o noso abano de posibilidades. Otelo sabíao e por iso nunca houbera apostado polo concepto burgués da democracia, mais ser demócrata supón aceptar a derrota e, polo tanto, as teses vencedoras. Así o fixo.

Que a terra lle sexa leve e que fique o exemplo!, porque un estado social non só é posible é o único medio que nos pode asegurar unha democracia plena. Quen non ten garantido a satisfacción das súas necesidades básicas non pode acceder a súa liberdade en plenitude. Otelo sabíao, parte dos nosos políticos actuais e case a totalidade dos gurús da economía, parece que non o teñen tan claro. Cal é o rego da "modernidade"?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES