Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Limpar: A fina liña entre manter a casa organizada e ter unha obsesión

lunes, 02 de agosto de 2021
Ben é sabido que manter a casa limpa xera moita paz mental e provoca unha sensación de benestar. Xa o di a expresión "o que ben parece ben está". Inverter e fixar un día á semana para facer unha xornada de limpeza é beneficioso tanto para a saúde física como a saúde mental. Aínda que ao principio sexa unha Limpar: A fina liña entre manter a casa organizada e ter unha obsesióntarefa que a ninguén lle apetece facer, o sentimento final de ver a casa limpa e organizada é bastante pracenteiro. Todas as persoas séntense máis a gusto nun entorno coidado e limpo, especialmente se é a súa casa xa que esta normalmente debe ser un sinónimo de fogar, un lugar onde poder estar cómodo e gozar da tranquilidade, sen nada que perturbe a vista ou a mente.

Esta sensación pode ser comparable a ter tempo libre para facer actividades divertidas ou ao momento no que un xogador recibe giros gratis no seu xogo favorito. Estas tres accións producen unha sensación de pracer indiscutible e por este motivo a xente as valora tanto.

Cando chega a ser un problema?
Sen embargo, esta práctica de limpar a casa pode converterse nunha obsesión. De feito, esta é a realidade de moitas persoas hoxe en día. Moita xente (adultos e mocidade) precisa de manter a casa nuns niveis de limpeza extremos. Na actualidade, non é raro ter un amigo ou coñecido que limpa sobre limpo, é dicir, que limpa sen necesidade algunha pois a súa casa ou o seu apartamento non está para nada sucio. De feito, moitas persoas entran nunha situación de estrés e ansiedade cando ven un pouco de po encima da mesa ou cando hai algún obxecto que non está perfectamente colocado nun dos seus mobles.

Situacións onde pode ser problemático
Estas persoas tamén teñen problemas cando viaxan e os seus aloxamentos non teñen un nivel de limpeza extremo, como poden ser albergues ou cámpings do popular e famoso Camiño de Santiago, xa que moitos destes sitúanse nun entorno rural e aínda que están limpos, moitas veces non é suficiente para estas persoas que sofren este tipo de TOC (trastorno obsesivo compulsivo).

Estes individuos, normalmente, non poden facer ningunha outra actividade mentres non limpen ou non arranxen esas cousas que tanto lles amolan. É dicir, nunha cena entre amigos e amigas, probablemente unha persoa con este TOC non poida estar en paz na súa propia casa se ve que unha fiestra está un pouco manchada pola gotas da choiva, por exemplo. É por isto que debemos intentar identificar estes comportamentos tan perigosos dende o principio para evitar que se transformen nunha obsesión e nun problema de saúde.

Un trastorno cada vez máis común
Seguindo coa problemática, este problema continúa cando se traslada este malestar e esta manía as persoas coas que se convive xa que en moitas ocasión se lles comeza a culpar por non manter e preservar ese nivel de limpeza tan exixente e finalmente isto pode xerar moitos conflitos que dificultan esa relación de convivencia. En definitiva, estes problemas mentais (os TOC), xunto coa histeria, xa representan un 80% das enfermidades mentais, cifra significativa que hai que ter en conta para tratar o problema de raíz e inverter o tempo e os cartos en tratalo.

En conclusión, este tipo de TOC xa é a realidade de moitas persoas e é un fenómeno que debe tratarse para poder vivir dunha forma máis tranquila, tanto a xente que o padece como os seus conviventes. Afortunadamente, este problema ten solución, non é irreversible e moitos profesionais especializados na saúde mental teñen cursos, tratamentos que funcionan e fan terapia ás persoas que o precisan para conseguir esa ansiada e necesaria estabilidade emocional. Por iso, paga a pena informarse para poder resolver este tipo de TOC tan pronto como sexa posible. É posible manter un equilibrio entre ter a casa limpa e organizada e que isto non se converta nunha obsesión.
O mundo de Internet
O mundo de Internet


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES