Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Características da poesía en galego de Francisco de Fientosa (Métrica e Poética) (2)

viernes, 30 de julio de 2021
9.- Paralelismos copiosos na maior parte das súas composicións, repetindo estruturas formais e/ou semánticas. Moitas veces son paralelismos puros pola repetición xeminada das palabras e ,outras, fai gala de paralelismos por substitución, moi abondosos. Tamén hai presenza de retrousos ou conxunto de versos que se repiten en cada unha das estrofas, nun ton diferente.

"A noite do meu noivado
todalas estrelas novas
foron petar ó faiado."

"A noite do meu ansío
todalas estrelas novas
afogáronse no río."
-----------
"Como te ris miña amiga
do fume do meu charuto" (Retrouso)

10.- Repeticións de estruturas fónicas, sintácticas ou/e semánticas

"Pandeireta do ceio,
¡axira as estrelas brancas!

Pandeireta da fonte,
¡cata unha estrela na auga!"

11.- Reduplicacións ou xeminacións consistentes en repeticións inmediatas por aposición.

"Cantiga mariñana.
Caneiro de auga pura...
-Muíño ledo ledo
moendo a lúa lúa-"
-----------
"Hoxe, amor, solo hoxe"
...
"Quero amor, sólo amor, amor."

12.- Oposicións antitéticas contrapoñendo pensamentos para dar maior realce á idea.

"Díxolle a nena:
-Vaites mar,
¡quen poidera collerte
na cunquiña da man!"

13.- Comparacións ou símiles que presentan unha relación de semellanza entre dúas ideas o mesmo ca metáfora, mais aquí, aparecen os termos comparativos, sendo pois, a antesala da metáfora.

"abaneándose como un barco
vello,
vai a vaca marela
...
...
Como unha pedra,
como un dolmen
como un sono,
..."

14.- Anáforas que reiteran unha ou varias palabras ao comezo dos versos.

"Espiñas non, hoxe non.
Espiñas xa teño abondas."

15.- Concatenacións producidas cando a última palabra do verso é a primeira na verso seguinte.

"Espiñas xa teño abondas.
Abondas e ben fondas."
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES