Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Cun só pelo

viernes, 30 de julio de 2021
Alguén me acaba de dicir que fose cortar o pelo. Mireino de través porque non sabía se se mofaba de min ou por que demo o dicía. Eu son calvo! Son calvo xa de nacemento. Minto; nacín con tan só un pelo. E tiven sempre un pelo, ese pelo; o que pasa é que o afeito para non chamar a atención. Tampouco ninguén me soubo dicir nunca por que nacera calvo e por que tiña tan só un pelo.
Pingas de Orballo: Cun só pelo De mozo, nunha ocasión, estiven tres anos e catro meses xustos sen saír da casa, e tan só coa intención de ver medrar ese único pelo. Pois ben, pasado o tempo e por varias veces, a miña irmá chegou a xogar con el á corda. Eu agachaba a cabeza, a miña nai collía a punta do pelo e a miña irmá choutaba ó ritmo desas cantigas que se soltaban ó xogar á corda. E como me daba vergonza saír da casa con só ese pelo, foi polo que o afeitei unha vez máis e xa non o volvín deixar crecer.
Levei sempre ben o de ser calvo, aínda que de rapaz eu ben notaba como me miraban de esguello os outros nenos. Pero axiña se acostumaron como eu xa estaba afeito. Aínda que recoñezo que como me pillase por aí unha saraganada sen gorra ou sombreiro, pasaba as de Caín. Tiña que escapar como alma que leva o demo para refuxiarme debaixo de algo. Fóra diso, o sol evítoo con gorras e chapeus e non gasto un carallo nos salóns de peiteado. Por iso mirei de revés ó que me mandaba cortar o pelo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES