Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A realidade é outra

jueves, 29 de julio de 2021
Cinco menos vinte da tarde. Domingo. Se non fora domingo, sería festivo. Porque hoxe é o Día de Santiago, patrón de España (lembrade que o patrón de Galicia é o carallo). Hoxe tamén é o Día da Patria Galega. E que orgullo!, que emoción!, que alegría!, que marabilla!... ver como as redes sociais e os medios de comunicación se enchen de desexos para a nosa Comunidade. Logo, iso si, mañá, se lle preguntas á maioría deses Pingas de Orballo: A realidade é outraque colgaron slogans ou vídeos ou viñetas ou frases sobre a independencia o a nación galega meterán o rabo entre as pernas e... se te vin, xa non recordo.
Hai incongruencias que claman ó ceo. Algo moi semellante a eses momentos nos que a dereita, sen cortarse un pelo, se quere apropiar do pensamento de Castelao. Ou de cando nas Letras Galegas pasa o mesmo que no día de hoxe: moito galego ese día e á unha da madrugada do seguinte volve o castelán a ser dono e señor das conversas e dos escritos na nosa propia terra.
Cinco menos dez da tarde. Se non fora domingo, sería festivo. Porque hoxe é o Día da Patria Galega. Sempre recordo que ó principio era exactamente así: o Día da Patria Galega. Agora xa levan uns anos que van metendo, coma quen non quere a cousa, o Día de Galicia. Non vaia ser que se nos suba á cabeza a carallada esa do independentismo. É igual; aínda que fora da outra maneira, a realidade amósanos o que realmente somos, o que realmente sentimos. Por iso creo que é unha trapallada o darlle tanto bombo a algo que non sentes. Será que queremos quedar ben...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES