Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dores de cidade

viernes, 11 de julio de 2008
Ós que nos doe a nosa cidade, que debemos facer?.

Refuxiarnos no noso interior, como facían os estoicos, en espera de tempos mellores? Ou participar no futuro da cidade?.

Pero unha persoa normal, cidadán independente, non pode participar no goberno da súa cidade.

Hai que entrar en política por algunha das portas que levan á cousa pública, forcas caudinas nas que deixas senón toda esperanza coma o clásico si toda independencia. Quen non queira entrar por esas portas, por unha delas, non ten nada que facer.

Desbotada a participación activa, a participación inexistente dos cidadáns nos plenos, as anecdóticas listas independentes, quedamos a expensas en termos absolutos dos representantes que eliximos de catro en catro maios.

Pero entrar no Concello imprime carácter. Este sacramento laico non o estudiamos de pequenos: Bautismo, Orden, Matrimonio… E Política. Os sacramentos imprimen carácter. A política, máis. Imprime anulando, anula imprimindo.

Pode ser a nobre pedra municipal, os mobles, os saúdos marciais das forzas locais. Pode ser o aire, a praza, o balcón, as ceremonias. Pode ser o peso da púrpura.

Non dos de agora. De sempre. Vivín aquelo hai case un cuarto de século, e aquelo imprime caracter a todos. Se algunha excepción hai, que se nos mostre.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES