Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Persoas con conciencia

jueves, 29 de julio de 2021
A verdade é que conciencia témola todos mellor ou peor formada.
Pero cando falamos de PERSOAS CON CONCIENCIA, referímonos a persoas que teñen a conciencia ben educada, ben formada.
Cando nos referimos a unha persoa con conciencia, referímonos a unha persoa comprensiva, a unha persoa de bo corazón, a unha persoa que é capaz de "calzar os zapatos" do outro para comprendelo e amalo, a unha persoa con empatía.

A PERSOA "CON CONCIENCIA" COMPRENDE MÁIS DO QUE XULGA.
É unha persoa que ten unha capacidade moi grande para comprender a situación de persoas que o están pasando moi mal e axúdaas na medida que pode.
E se non pode axudalas, porque a vida é moi complicada, polo menos compréndeas e compadécese delas.
E, se é crente, reza por elas.

HAI MOITÍSIMAS PERSOAS DESTA TALLA MORAL.
Unhas porque pasaraon por moitas probas na vida e saben o que hai que loitar para abrirse camiño.
Outras porque recibiron unha boa educación en valores.
En ámbolos dous casos son persoas de moi bo corazón.
Por eso adoitan ser persoas moi comprensivas e moi caritativas.
Non se lles ocorre xulgar, nin burlarse, nin moito menos desprezar ou discriminar ás persos en situación vulnerable.
Nunha situación máis ou menos vulnerables podemos encontrarnos todos en máis dunha ocasión.

Pero, desafortunadamente, hai persoas que se encontran nesa situación toda a súa vida por diferentes razóns:
-Porque a vida as tratou moi mal.
-Porque ninguén as comprendeu.
-Porque ninguén lles botou unha man.
-Porque foron discriminadas desde o seu nacemento.
-Porque non tiveron oportunidades.
-Porque caeron na tenación máis dunha vez. Etc. etc.

Persoas nestas situacións hai moitas máis das que se ven a primeira vista.

¿QUÉ PASARÍA QUE NOS ENCONTRÁRAMOS NALGUNHA DESAS SITUACIÓNS?
¿Gustaríanos que nos ignoraran? ¿Gustaríanos que nos desprezaran? ¿Gustaríanos que nos discriminaran?

GUSTARÍANOS ENCONTRANOS CON:
- PERSOAS CON CONCIENCIA que nos deran un pouco de cariño, que non nos ignoraran e que tan siquiera nos miraran con dozura.

-PERSOAS CON CONCIENCIA que comprenderan que non chegamos a esta siutación por gusto, que foi un feixe de circunstancias que nos afundíu nunha situación tan dolorosa.

-PERSOAS CON CONCIENCIA que nos botaran unha man no que puideran.

-PERSOAS CON CONCIENCIA que comprenderan a nosa orixe, a ausencia de oportunidades, a nosa miseria, a nosa pobreza…

-PERSOAS CON CONCIENCIA que comprenderán que tivemos pouca sorte na vida e caemos na tentación porque tamén hai persoas sen escrúpulos que son capaces de arruinar a vida doutras con tal de sacar proveito para elas.

NESTE MUNDO TAN INXUSTO, NO QUE A UNHAS PERSOAS LLES SOBRA MOITO E A OUTRAS LLES FALTA TANTO…
As que se encontran en situación vulnerable amañaríanse co que lles sobra ás outras.
Pero xa dicía a canción: "El que tiene un duro, quiere tener dos…"

Por un tempo parecía que corrían tempos nos que a clase media ía collendo carreira; pero actualmente non se ve nada claro…
Esperemos que a sociedade tome conciencia de que hai que vacinarse, hai que gardar as distancias de seguridade, hai que tomar precaucións, HAI QUE TOMAR CONCIENCIA porque tódalas medidas son necesarias para saír desta pandemia.

"SEGUIMOS EN ALERTA"

Este será o título do seguinte artigo.
Reciba o meu máis sincero agradecemento por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES