Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ramón Piñeiro das letras

viernes, 11 de julio de 2008
Ramón Piñeiro estaba no edificio do Goberno Civil de Lugo en xullo de 1936 cando a rebelión militar, e por un azar que el mesmo consideraba incrible puido sair sen ser visto e así salvar a vida.

Desde entón, dun xeito ou doutro, foi un resistente. El foi a representación do galeguismo dentro de Galicia, exemplo vivo para todos os que quixeran mirarse nel. A mesa camilla da súa casa en Compostela foi o lugar onde os escritores aprendían a ser escritores galegos, e os aprendices de políticos a facer política galega. El mantivo viva a chama do galeguismo, que transmitiu a moitos outros, e se agora brilla de mil formas diferentes é gracias ó exemplo de Piñeiro que con toda modestia, en silencio, con paciencia infinita, foi creando escola, formando discípulos, facendo Galicia cando Galicia non existía.

Para o Poder, Piñeiro era un perigoso axitador. Para as esquerdas, un conservador. Pero coas armas da cultura forxou un país, creou unha editorial que fixo historia, deu cultura galega a quen máis a necesitaba, e foi un dos primeiros galegos sen facerse notar, sen presunción, case sen sabelo.

O Día das Letras Galegas de 2009 vai estar dedicado a Ramón Piñeiro. É de Xustiza. Ramón Piñeiro das Letras, Ramón Piñeiro do Pensamento, Ramón Piñeiro da Cultura, Ramón Piñeiro de Galicia. Honra a quen tanto fixo por Galicia e os galegos!. Norabóa, Don Ramón.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES