Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Olimpo sen público

lunes, 26 de julio de 2021
O Olimpo sen pblico Empezaron os Xogos Olímpicos e avanza a Covid-19. Progresan os Xogos Olímpicos e desbócase a Covid-19. Non, non estou dicindo que os Xogos sexan os culpables de que esta pandemia nos asole máis e máis. Simplemente que son dous acontecementos que temos agora mesmo moi presentes nas nosas vidas. O do virus, a verdade é que xa está tan presente que empeza a ser como todo aquilo que case se perpetua... que nos acostumamos a el de tal maneira que non nos importa, moitas veces, baixar a garda e, claro, pasa o que pasa. Creo, e todos cren, que a solución está na vacina, pero esta, por unhas ou por outras cousas (maioritariamente por cuestións políticas e por falta de doses) non vai ó ritmo que debería ir. Por certo, cando en cuestións de saúde a política non "furrula", non funciona, imaxinade naquelas cousas menos transcendentais. Pero, é certo, xa sabemos todos o que é a política.

Case é mellor desviar a atención dos males que nos axexan, regresando ós Xogos Olímpicos. Uns Xogos que, tamén, pobres, por culpa da pandemia, creo que non emocionan como deberían emocionar. Ó faltar o alento do público nos estadios é case como unha agonía deportiva. Creo que o deportista, calquera deportista necesita ese alento, eses berros e eses ánimos que, a maioría das veces, fanlle dar ó atleta aquela forza que nin se imaxinaba que tiña. Para o espectador, estes Xogos tampouco están á altura doutras edicións, por culpa do desfase horario. Que as competicións, os partidos ou as probas sexan de madrugada e polas mañás non axudan moito.

E aínda que as televisións se tiren todo o resto do día proxectándoas en diferido ou resumíndoas, xa non é o mesmo. E non digo nada se por un casual consegues saber xa o resultado. Un dos alicientes desta vida nosa é o suspense en directo; para poder gozar ó final ou ben con emoción ou ben con carraxe. Se xa sabes os resultados, perde toda a graza.

Non obstante, hai que seguir os Xogos como se poida. Quéirase que non, é tal acontecemento deportivo que tan só podemos gozar del cada catro anos e no que o deportista intenta subir ó Olimpo. Subir ó Olimpo é alcanzar a gloria, a éxtase e o orgasmo emocional. Oxalá o consigan moitos españois e, por suposto, a maioría dos galegos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES