Veño de saber dunha iniciativa da funeraria Garrido en Quiroga que na súa páxina
www.funerariagarrido.com ofrece os seus servizos á cidadanía musulmana amosando un exhaustivo coñecemento do seu ritual dende o tratamento do corpo ata o ritual de despedida ou a inscrición da campa.
Garrido tivo a visión de converter a diversidade (neste caso relixiosa) nun negocio e fíxoo conrespecto, sensibilidade e algo fundamental: o achegamento á diferenza no momento máis delicado da vida das persoas. Todo un exemplo de esperanza fronte a ignorancia e a insolidariedade.
Parabéns a Garrido (aínda que non teño o gusto de coñecel@s) porque coido que abriron unha liña de negocio que dignifica á inclusión converténdoa nunha oportunidade. Como a de Garrido hai máis oportunidades agardando a ser descubertas, só temos que pechar a mente á prehistoria e abrila cara a humanidade do século XXI.