Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cultivando o altruísmo

jueves, 22 de julio de 2021
Unha parte da humanidade é moi dada a pensar en si mesma; por eso hai tantos desequilibrios entre o norte e o sur, os países que se consideran "desenrolados" e os que non teñen oportunidades.
Así: os países que teñen cartos, aínda que non teñan a conciencia moi ben formada, teñen máis posibilidades de disfrutar da riqueza que hai no mundo mentres outros non son capaces de "levantar cabeza".
O egoísmo reina no mundo moito máis do que pensamos.
Incluso pensamos que somos "boas persoas" cando realmente temos moito que mellorar.
Por eso cómpre cultiva-lo altruísmo.
Non se pode dicir que cultivar o alruísmo sexa doado.
Nesta vida, nada é doado; pero porque non sexa doado non quere dicir que non conveña facelo.

CULTIVAR O ALTRUISMO CONVENNOS A TODOS, INCLUSO ÓS MAÍS EGOÍSTAS.
¿Por qué nos convén a todos?
PORQUE AS PERSOAS ALTRUISTAS SEMPRE QUEREN E DEBEN SUPERARSE.
Sempre queren superarse porque é o que veñen facedo toda a vida, É O SEU PLAN DE VIDA.
Son altrístas porque o “mamaron” e o practicaron ó longo de toda a súa vida.
Hai moitísimas persoas altruistas de tódalas idades e de tódalas latitudes:

TODOS COÑECEMOS CRIATURIÑAS que desde a súas máis tenra idade se volcan cos seus semellantes: son amables, son cariñosas, son serviciais, saben perder, teñen o sorriso a flor de pel...

TODOS TEMOS NOTICIAS DE XOVES que se volcan en coidar dos seus pais, dos seus irmáns pequenos, que axudan ós seus compañeiros nos estudios, que se solidarizan cos da súa idade, que son respectuosos coas persoas maiores.
SON XUVENTUDE SÁ.
Esta xuventude é a encargada de mellorar esta sociedade que a veces non se sabe moi ben que xeito quere coller.

TODOS COÑECEMOS ADULTOS que coidan con sumo esmero dos seus pais anciáns, que se desviven pola familia, polos amigos, por todos...
TODOS TEMOS AMIGOS DESTAS CONDICIÓNS.
ESTAS PERSOAS SON UNHA BENDICIÓN BAIXADA DIRECTAENTE DE CEO.
Son os anxos que Deus pon nas nosas vidas para que non nos falte de nada.
ESTAS PERSOAS SON OS NOSOS ANXOS DA GARDA.
Estar rodeados de persoas altruistas é un luxo verdadeiro.

Sempre dicimos que o primeiro é a saúde; pero as persoas altruistas están aí tanto na saúde como na enfermidade, tanto nos éxitos como nos fracasos.
Por eso debemos aprender delas e cultivar o noso propio altruísmo.
Estamos chamados a superar o noso altruísmo.
Xa di o refrán:
"MANOS QUE NO DAIS... ¿QUE ESPERAIS?"

Ás persoas egoístas, que -haber, hainas- tamén lles convén saír ó encontro das outras persoas porque un día ou outro vanas necesitar.
Todos necesitamos de todos.
Ninguén é autosuficiente.
Pensar que somos autosuficientes é un engano.
Podemos estar cheos de soberbia pero de autosuficiencia, nada de nada.
Necesitamos axuda de quen menos esperamos.
Noticias recientes demóstrannos como uns inmigrantes libraron de morrer afogado un home que caeu ó río en Bilbao.
Outros intentaron evitar a morte de Samuel en Coruña...
E moitos máis...
ERAN PERSOAS "SEN PAPEIS"; PERO CON CONCIENCIA.
Ter a conciencia ben formada é un valor fundamental ó que nunca lle dedicaremos tempo suficiente.
Podemos ter moitas carreiras, pero se non actuamos en conciencia…
¿De que nos vale?

"PERSOAS CON CONCIENCIA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitísimas grazas polos seu altruímo e tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES