Características da poesía en galego de Francisco de Fientosa (Métrica e Poética) (1)
							Otero Canto, Xosé - viernes, 23 de julio de 2021
							  A poesía en galego de Francisco Vega Ceide (Francisco de Fientosa) ten as seguintes particularidades con relación á metrica e ás figuras estilísticas propias da súa poética:
1.- Con relación aos versos empregados o noso autor prefire o verso curto ao longo, concretamente son os octosílabos e heptasílabos os máis empregados, aínda que tamén se ve a presenza do pentasílabo e algún que outro enneasílabo.
2.- A rima en case que todas as estrofas é asonante, coa particularidade de que, noutros casos aparecen encabalgamentos abruptos.
3.- As estrofas preferidas son as tercerillas seguidas das cuartetas asonantadas; logo, en menor medida, atopamos seguidillas e quintillas.
4.- A imaxe máis común, cunha preponderancia absoluta sobre as demais, raíña e señora de todas as composicións, é a metáfora: metáforas visuais e acústicas, metáforas impactantes e atrevidas, metáforas: (A de B; B; A,B; A é B. Etc. Onde A: termo real e B: termo imaxinario):
 "Aturuxo do vento"     (Metáfora musical)       (A de B)
               ----------
             "As ras tocan as cónchegas"
                ----------
             "A néboa é un trasmallo
               para pesca-lo paisaxe" (Metáfora visual)
                ---------
              "Monllo íado no vento"                         (B): Ausencia de termo real
                ---------
               "Xogan os seus pés ós grilos"
                ---------  
               "Os brincos, aloiras de ouro"                         (A , B): Aposición
                 ---------
               "A néboa e un trasmallo
                 para pesca-lo paisaxe."                                  (A é B)
                 --------
                "Os ourizos do camiño
                  fuxiron da auga ao monte:
                  Hoxe son toxos no vedro."    (Metáforas ultraístas).
                 ---------
                
          ...
                        e ficou inmobre                    (Metáforas impactantes e atrevidas,
                        vairada no vento;                   referidas á nosa vaca marela)
                        e así viviu trescentos
                        anos,
                        até que froleceu o esterco
                        nos cornos,
                        e callóuselle o leite
                        no ubre,
                        e xióuselle a auga
                        nos ollos
                         ..."
5.- Alegorías formando metáforas continuadas.
                       
           " ...
                         choutan o abrente da risa
                         até aniñar nos seus fíos,
                         dous xílgaros rebrilaeiros,
                         até chorar o seu veo." 
6.- Hipérbatos coa inversión da orde gramatical das palabras ou das estruturas sintácticas.
           "...
                         choutan o abrente da risa
                         até aniñar nos seus fíos,
                         dous xílgaros rebrilaeiros,
                         até chorar o seu veo." 
Sen invertir, o fluír lóxico sería o seguinte:
             "dous xílgaros rebrilaeiros (ollos)
                           choutan o brente da risa
                           até aniñar nos seus fíos (cabelos)
                           até chorar (ollos) no seu veo" (trenciñas loiras) 
7.- Paronomasias ou xogos de voces de pronunciación parecida (de sons case semellantes) que ao diferir nalgunha letra, teñen un significado moi dispar.
                           "Nós dos seus seos mellizos"        
8.- Reticencias que deixan o verso sen rematar, sexa porque se sobreentende a idea ou sexa por manifestacións de tipo anímico.
                 "Cantiga mariñana.
                               Caneiro de auga pura...
                               -Muíño ledo ledo
                                moendo a lúa lúa." 
                                                                                        (Continuará)							
							
Otero Canto, Xosé
							                                
                                                                  
                                                                  
                                                        
				 
				Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los 
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de  la empresa editora