Todo por un L
Editorial - jueves, 10 de julio de 2008
A cidade da Coruña chámase así por norma establecida polos organismos competentes, como Ourense ten ese nome, sendo os casos máis claros en Galicia de adaptación de nomes tradicionais á toponimia oficial galega.
Pero así como en Ourense deuse por bo este nome, como viña sendo utilizado xa desde sempre polos falantes galegos, na Coruña creouse un problema cando o concello pretendeu seguir utilizando os dous topónimos con L ou sen ela- sendo cruzada persoal do antigo alcalde, Francisco Vázquez, a reivindicación do L como afrenta sufrida pola cidade.
A Mesa pola Normalización Lingüística reclamou hai xa dezaseis anos por esta pretensión municipal, esixindo o cumprimento da norma. E o tema deu para discutir, falar, negociar durante todo este tempo, ata que por fin o concello coruñés ven de acordar desistir de todos os trámites nas diversas instancias xudiciais en relación co topónimo oficial da cidade, dando por bo o nome de A Coruña para a cidade que foi considerada Cabeza, guarda y llave del reino de Galicia.
Cesa así un problema político, no que se empecinaron os que consideraban que A Coruña, perdendo o L perdía algo entrañable, esencial, consustancial co espírito do coruñesismo. E este movemento foi abandeirado polo populista alcalde coruñés, na actualidade embaixador do Reino de España diante da Santa Sede.
Finaliza un problema social, político e administrativo que afectaba á Coruña e repercutía en todo Galicia, e por este final hai que congratularse. Con L ou sen L, A Coruña segue a ser a cidade senlleira asomada ó Atlántico que da prestixio a Galicia enteira, e segue a ser motor esencial do porvir desta comunidade.
A L desaparece. Que viva A Coruña¡.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora