Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Un feixe de pallóns / Son o salvoconducto

jueves, 22 de julio de 2021
Un feixe de pallóns

Teño que ir buscar un feixe de pallóns ó lombo porque o burro non sei por onde anda. Resulta que onte perdino no monte de Pinouzos e como xa era de noite pasei de buscalo. Imaxino que ó chegar á casa co feixe irei a buscalo ó muíño do Dositeo. Seguro que está alá, o moi saído. Pola burra do muiñeiro. O meu de burro non ten nada.
Pingas de Orballo: Un feixe de pallóns / Son o salvoconducto Digo que fun ós pallóns e notei como o sol me pegaba con forza na orella dereita. Case abrasa. Tanto que incluso penso se non quedarei xordo dese oído. Tamén é certo; para o que hai que oír. Porque a xente fala moito. E moitas veces a destempo. E máis veces con carraxe. E aínda máis con envexa. Menos mal que eu non lles fago moito caso. Sempre lles digo a todo que si para que queden contentos. Por veces nin tan sequera os entendo, pero éncheselles o peito de orgullo cando lles dou a razón en todo.
O feixe de pallóns pesa. Para máis aquel, un pallón asentou de tal forma nun óso que me está a facer dano. Menos mal que só é un pallón, porque por ósos... Non obstante, aguanto coma os heroes. Pego un pequeno chouto para que o feixe asente doutra maneira sobre o meu lombo. A verdade é que asenta, pero por pouco tempo. Axiña volve (quizais outro pallón) a facerme dano nos ósos. Menos mal que logo chego á casa. Solto o feixe e a base de pequenos mangados repártollo ás vacas. Acomodo tamén os dous porcos que teño no cortello. Saio a buscar ó saído do burro.

Son o salvoconducto

Son o salvoconduto das ideas que pululan pero que están escondidas en algún recanto da miña memoria. Xa sei que algunhas veces trouso ideas raras e tolas, pero outras veces tamén deixo escapar algunha poética ou sentimental ou filosófica. Son o salvoconduto de pensamentos e sentimentos e ruxerruxes e esperpentos. Son o que son e non hai volta de folla.
Pingas de Orballo: Un feixe de pallóns / Son o salvoconducto Tan só deixo de ser eu cando estou cos biosbardos. Estar con estes é coma estar na gloria. Nese momento non hai versos nin loitas nin berros nin saloucos nin desexos nin branco nin negro; non hai nada. Tan só o tempo que pasa sen facer ruído. Son o salvoconduto dun soño que está aí pero que non se amosa. Son o aire que se queda quieto e o sol que non queima.
Corro polos carreiros da miña existencia para saber que estou vivo, que non afogo nun vaso de auga e que o alboroto, o barullo está aí, pero sen medo ó ruído. Corro e fago correr a esas ideas que saben choutar moi ben os valados e salvar os atrancos que asoman nas composicións dos poemas. Corro porque son o salvoconduto do meu tempo. Ese tempo que, en principio, é infinito e que todo o pasado sempre foi mellor. Iso din. Aínda que eu afirmo que non hai como vivir o presente. Por iso agarro as ideas e os pensamentos e os chismes e os sentimentos e os dixomedíxome e sácoos con forza e ó mesmo tempo con agarimo dese recanto da memoria para que se espallen polo mundo con rarezas, loucuras e filosofías. Son o salvoconduto deste momento.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES