Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Acábase o mundo?

lunes, 19 de julio de 2021
Acbase o mundo? Acábase o mundo!, dicía aquel. E case terá razón. En Ourense morremos afogados coa calor, mentres que en Alemaña van máis de 100 mortos a causa das inundacións. Aínda que, a min, o que me deixou medio tarambaina foron os case ou sen case 50 graos de temperatura en Canadá, nada menos que no Canadá; que case, case é coma dicir que foi no Polo Norte.

Acábase o mundo!, dicía aquel e din moitos. E logo, por se fose pouco, seguimos con esta pandemia que en vez de ir a menos, volve ir a máis. Porque non aprendemos, claro. Porque seguimos tropezando unha e outra vez, unha e mil veces coa mesma pedra, ou sexa, con esta Covid á que non lle facemos caso e así andamos... con contaxios e con volta outra vez ós peches da hostalaría.

Quen non se acaba é o señor Feijóo, o noso presidente. Que tío! Outro que se eterniza nos cargos. Vedes, eu, nestes casos, ata estou cos ianquis: que teñen o tope en oito anos e, adeus, moi boas. Se están moitos anos, collémolos coma rutina e axustámonos ás súas inercias. E as cousas necesitan cambios, evolución. Que se por un casual os cambios van para mal? Moi fácil; ós catro anos, fóra! Núñez Feijóo xa leva 15, creo. Xa case é coma un da familia. E á familia, xa sabedes, perdóaselles todos os erros. Mal feito!; os erros hai que corrixilos.

A quen non lle hai que perdoar nada son a eses asasinos do rapaz ese da Coruña, de Samuel; nin tampouco a eses mequetrefes que agrediron a outro rapaz en Pontedeume, e por moi menores que sexan. Se son menores, que paguen os pais, por ser os seus responsables. O que non se pode é ir pola vida a base de malleiras que, moitas delas, xa se ve como acaban. E vendo que a educación non vale (entendo que uns e outros saben perfectamente o que está ben e o que está mal; desde cativos sempre se lles di tal cousa), pois non queda outra que o castigo.

Castigo o meu, o de ser pobre! Se fose rico, pois case me daba igual que se acabase o mundo; estaría dentro dese millón de persoas con praza para ir á lúa. Coas ganiñas que teño de viaxar polo universo e de achegarme ata o infinito e máis alá. Ó ser pobre non queda outra que aguantar o que me boten (inundacións, secas, o señor Feijóo, malleiras e o que cadre) e a vivir que son dous días.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES