Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

2012 ou 2016?

miércoles, 09 de julio de 2008
Denuncia Feijoo que o Ave chegará a Galicia, no mellor dos casos, no 2016. Se saímos pola rúa preguntar, atoparíamos que a inmensa maioría dos preguntados estarían dacordo con que esto se confirmase.

Fatalistas por natureza, vemos demasiado perto o 2012, como para pensar que ese ano chegará o Ave a Galicia, e proporcionará comunicación. Porque chegar significa que as vías cheguen a Pedrafita ou calquera outro punto da nosa xeografía que signifique entrada no noso territorio.

Temos relativamente recente o caso da Autovía Madrid-Coruña, e non moito antes a Nacional VI, que entrou en vigor en diversas fases pero atopou problemas graves de infraestructura, tanto na zona de Pedrafita como –polo que a autovía se refire- na zona da Terra Chá onde o firme non tan firme non respondía ás previsións dos técnicos.

Hai moitos factores que poden interferir na chegada do Ave. Algúns, poden ser políticos, e está ben a chamada feita por Feijoo; outros económicos, e outros técnicos que haberá que ir resolvendo na medida que se planteen.

Que no 2012 o Ave sexa útil para Galicia, sería unha gratísima sorpresa. Pero moitos factores teñen que coincidir de xeito favorable para nós para que esto se produza.

Catro anos máis para completar as comunicacións por ferrocarril rápido no territorio galego non sería moito tempo se o resultado compensaba a espera.

De todos os xeitos, a data de 2012 aínda está aí, nas previsións oficiais. Non hai porque dubidar, polo de agora, de que sexa así.

Que as próximas eleccións autonómicas impidan a definición oficial sobre o tema do Ave galego non deixa de ser unha posibilidade posible. Estamos tan afeitos a poñernos no peor, que a cifra de 2016 nin nos parece lonxana nin nos parece mal.

Como facían os nosos paisanos nas antigas feiras: Partamos a diferencia, quedando en 2014, e case todos contentos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES