Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Torre de Caldaloba. Terra Chá.

martes, 20 de julio de 2021
Tradición, mantendo as súas costumes, que nos confiren carácter; Os nosos devanceiros fundaron as bases dunha economía e dominio conservado.

A evolución histórica pese a moitas mutacións de ideoloxía e política, resistencia desde a mais arcaica historia, cando o reino galego era una entidade política xurdida na Idade Media, precedente da nosa Comunidade Autónoma, o antigo reino perdurou 1.400 anos como primeiro reino de Europa.

A nosa paisaxe dominada por castros, dándo testemuña dunha comunidade habitada por tribos galaicas. A Idade Media foi una época de esplendor consolidando un reino.

TORRE DE CALDALOBA:
Imborrábel historia dun pasado, onde camiños ancestrais deixaron longas pegadas milenarias no esquecemento.

Tócanos soster esa pedra perdida no horizonte, artellando, bisbando os berces das antigas vilas.

O castro, no que se ergue esta Torre, foi usado na prehistoria, o que se chámou co tempo Coto do Mato, dominando toda a Valura entre os ríos Támoga e Miño, onde un gran poder entre mans de Valuros e Canecos. A Torre ten catro foxos.

Levantada na Idade Media, e tamén os lenzos da súa muralla, destes xa non quedan vestixios, hoxe aínda podemos aprezar parte de dous arcos.

Os que fumos nados preto desta Torre, e respiramos o seu ár puro, quedando nos nosos iris esa imaxe de misterio

Constanza De Castro e o seu home, Fernán Arias De Saavedra, resistiron ao asedio durante once meses. Constanza non se asoballou ante Castela, morreu envelenada pola auga dun alxibe do que bebían, onde a auga apodrecera; Ferán Arias foi a loitar en débeda pola sua vida, contra os moros en Málaga.

Chán escorregado onde medran as hedras,
silandeiras pantasmas polas fendas do tempo,
baixo a derrubada bóveda da antaño señoriai
Torre Caldaloba.
Arrecendo do balbordo na antiga fraga, en tempos
de loita e resistencia.
Escuros e silandeiros muros acubillaron a esta Valente
Muller galega.
More Constanza pola envelenada, nunca asoballada
por Castela, ela era liberdade e soberana das súas terras.
no vento de A Valura, viaxan as lendas, arcaica deusa nai
dos castros.
Coto do Mato. Aquí a derradeira resistencia ó asoballamento
de Castela.
Castración da Gaia por xentes estranxeiras.
Antón de Montenegro, aínda anda na procura dunha serpe.
Fraga Rábade, Ana Mar
Fraga Rábade, Ana Mar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES