Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Do A ao Z con Concha Blanco (X)

jueves, 29 de julio de 2021
X e Z

X de xogo. A querenza polos xogos: adiviñas, pasatempos ou probas que introduce en varios libros (A bruxiña da sorte), ditos e refráns (DO RE MI Fantasía).

X de fuxidos. Os fuxidos da guerra en O misterio da montaña de Pena Negra e nalgún dos libros de adultos.

X de xenerosidade. Un exemplo, a súa achega é a número dez das 263 mandas a Isaac, nela conta: "Isaac Díaz Pardo foi quen puxo a primeira pedra nos alicerces da miña obra literaria.(...) Isaac valorou a obra que eu creara, non cuestionou nin o momento social nin a autoría feminina, nin a temática nin escenarios localistas, pois el partía do local para chegar ao universal.
Estoulle eternamente agradecida.
Agradecida non só polo persoal, pois aquí sigo creando desde aquel entón (era a década dos 80), senón tamén polo social".

X de visibilización da diversidade sexual tal como fai en Nano onde reflicte a problemática daqueles e aquelas que teñen dificultades para mostrarse tal como son debido aos convencionalismos sociais, pero tamén aparece a crítica á escola que fala de discriminacións que non están tan presentes mentres se ocultan outras que si o están como esta (Querido Iván).

X de sinxeleza no recoñecemento dos seus referentes literarios (Castelao, Neira Vilas, Rosalía... os que lle descobren a realidade do seu país) para aceptar que máis que as lecturas, o que a alimenta son os lectores e lectoras, cos seus intereses, necesidades, actitudes, forma de ser... a necesidade de dignificar a súa lingua, de enriquecer o seu vocabulario buscando un léxico o máis rico posible para que a rapazada se recoñeza nel pero tamén avance.

X de LIX, porque a meirande parte da súa obra está escrita buscando ese destinatario dende a primeira ás que continúa escribindo na actualidade. Literatura infantil, porque comeza a escribir como resposta á necesidade de contar con textos en galego na escola
E escribir eses relatos para o seu alumnado, cos seus nomes...

X de GALIX, asociación da que foi vicepresidenta

Z en De A ao Z con Castelao. Unha escolla (a de Castelao) a ter moi en conta pero que se entende cando explica que el foi unha desas figuras que lle abriron os ollos á realidade de Galicia e a entenderse como muller dentro deste territorio.

Z de trazos. Esas características da súa escrita como abano amplo entre o realismo e a fantasía, a necesidade de presentar a problemática da rapazada ou das persoas adultas pero tentar amañala deixando a esperanza pairando pola trama e os finais, a voz infantil que a suplanta en obras moi destacables...

Z dos zumes de Macedonia de versos con todas as froitas arredor das que se crea o libro magnificamente ilustrado por Lidia Nokonoko e publicado por Aira editora.

Z de feliz, porque así os quere a todos e todas, e ese desexo lévao ata as historias onde tende a proporcionarlles a estabilidade e felicidade aos personaxes, incluso cando non son humanos.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES