Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estaleiro HJ. Barreras

miércoles, 09 de julio de 2008
No estaleiro Barreras a cada pouco fanse botaduras de buques. O éxito acadado pola súa modernísima inxenería e as investigacións tecnolóxicas converteron a esta industria naval nunha das mellores de Europa. Das súas gradas teñen saído cargueiros, gaseiros, ferrys ou buques sísmicos encargados polas navieiras máis importantes do tráfico marítimo no mundo. O moderno deseño destes barcos e e os equipamentos dos que van provistos prestixian a este estaleiro vigués que xa cumpríu cento quince anos de existencia. Durante este longo período de tempo Barreras contribuíu a modernizar tamén a frota galega que fixo posible que Galicia fose unha potencia pesqueira.

Don José Francisco González Viñas é Presidente desta empresa naval. Desde hai un tempo para acó ven traballando activamente no Foro E. Peinador para conseguir novos e inéditos espazos para a lingua galega. Máis dunha vez ten manifestado o desexo de converter ao estaleiro nun senlleiro referente na galeguización empresarial. E nese empeño está. Porque é consciente de que a formación da nosa identidade está vencellada ao compromiso de asegurarmos a presenza da lingua galega na cadea económica, restablecendo a relación entre a economía e os valores culturais que nos son propios no contexto dos pobos do mundo que afirman o seu dereito á diferenza; está convencido ademais de que ese diálogo permanente é o que posibilitará a aplicación de propostas e a mobilización de ideas e vontades para acadar o obxectivo de estarmos na globalización coa nosa personalidade en harmónica convivencia cos demais.

O señor González Viñas é o primeiro empresario da construción naval de Galicia que toma en consideración as propostas do Plan Xeral de Normalización aprobadas por unanimidade no Parlamento galego no ano 2004. Unha decisión que o honra e que as institucións pública terán que louvar e recoñecer dada a importancia do proxecto. Unha iniciativa senlleira, por outra banda, porque que recolle un catálogo de actuacións para incorporar a lingua galega á páxina web, sinalética, telefonía, relacións laborais, nóminas e contratos, convenio colectivo, con cláusula específica referida aos dereitos lingüísticos dos seu persoal, e na relacións coas administracións públicas. Non se descoida no programa o contaxio lingüístico ás empresas auxiliares e provedores nin tampouco a organización dun ciclo de conferencias destinadas a sensibilizar ao cadro de persoal. A Secretaría Xeral de Polítia Lingüística fornecerá ás dependencias administrativas do estaleiro tódalas ferramentas informáticas para a celeridade na aplicación do programa de normalización lingüística previsto.

O próximo mércores, día 9 de xullo, o estaleiro fará unha parada para participar na festa da investidura galeguista da empresa. A partir das doce da mañá, coas acorde da Alborada de Veiga, iniciarase o acto de sinatura do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa presenza da Presidenta do Parlamento de Galicia, do Fiscal Superior de Galicia e outras autoridades, empresarios e representación sindical. O colofón final porao a gaiteira Susana Seivane cun pequeno concerto. Trátase, pois, dunha festa de galeguismo empresarial á que lle han seguir este ano outras máis.


Xosé González Martínez, Presidente do Foro E. Peinador.
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES